Ir al contenido principal

Entradas

Merendas con contos - Abril

 

Abril : MES DOS LIBROS

 Dende a Bliblioteca Municipal de Sober, no mes de abril, para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día do Libro (23 de abril), levaranse a cabo unha serie de propostas que se realizarán para público infantil e adulto que acoden ao Club de Lectura Pintor de Castinande e ás Merendas con Contos. 📜 A actividade principal será “AS BIOGRAFÍAS DA BIBLIOTECA: @EL HEMATOCRÍTICO”. Escribimos unha biografía de Miguel López (A Coruña, 1976 – Vigo, 2023), mestre de profesión, aínda que destacou polo seu labor como autor de libros infantís. 📅 Os nenos e as nenas de Merendas con Contos farán a presentación deste traballo, o día 19 de abril. Invitamos a todas as persoas interesadas en coñecer e profundizar na figura deste escritor galego. 📙 O Día do Libro (23 de abril) o Club de Lectura realiza unha visita a Celanova para coñecer a Fundación Curros Enríquez. 📘O día 24, todas as persoas que acudan o Centro Sociocultural de Sober, poden levar como agasallo un libro. 📗 Para

Abril : MES DOS LIBROS

                   Como homenaxe ao escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o 2 de abril, aniversario do seu nacemento, o  Día Internacional do Libro Infantil .  Esta efeméride promovida polo   IBBY , a nivel internacional, e polas seccións  que a integran, ten como obxectivo promover a lectura entre os máis pequenos e fomentar o amor pola lectura desde unha idade temperá. Os libros non só son unha fonte de entretemento, senón tamén unha poderosa ferramenta para educar, inspirar e enriquecer a vida da xente nova. Ademais, a lectura fomenta a creatividade, a imaxinación e o pensamento crítico, habilidades fundamentais para o seu desenvolvemento cognitivo e emocional. (FONTE :  http://www.galix.org/2024/04/feliz-dia-do-libro-infantil.html

XLIV Feira do Viño de Amandi

  Este fin de semana estamos de festa en Sober.

Encontro co autor : JOSÉ MARÍA LAGO BORNSTEIN

 

Día Internacional da Muller : 8 de marzo

 Nas Merendas con Contos celebramos polo 8 de Marzo o Día Internacional da Muller.  A nosa invitada foi Dolores Vázquez Gómez , Diplomada en Enfermería. Con esta muller , traballadora da sanidade pública,  os nenos e as nenas aprenderon moito da súa profesión. Coñeceron os estudos que son necesarios para acceder a unha praza de enfermeira nun hospital, os traballos que hai que realizar habitualmente , as dificultades desta fermosa profesión, e así ata un montón de respostas que a nosa  convidada tivo que satisfacer.  Grazas LOLI POR VIR Á BIBLIOTECA DE SOBER.

CL infantil Viaxando polas Letras

  Na segunda quincena de xaneiro  a bpm de Sober reanuda a colaboración coa biblioteca escolar, participando no CL Viaxando polas Letras. A obra elexida foi este conto de Ledicia Costas :  O neno de lume Na seguinte ligazón do blog da biblioteca podemos atopar toda a información das reunións celebradas entre os meses de xaneiro e febreiro :   " https://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com/search/label/Club%20de%20lectura%3A%20lectores%20aut%C3%B3nomos