Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

Programación para o DÍA DO LIBRO 2018

LUNS 23 DE ABRIL  Para todas as persoas que se achegan á BIBLIOTECA temos un agasallo , un libro de balde entre a selección que atopas nesta exposición.  MARTES 24 MÉRCORES 25 Os integrantes do Club de lectura Pintor de Castinande da Biblioteca de Sober viaxan ata Outeiro de Rei para visitar a Casa-Museo de Manuel María . VENRES 27 Sacamos os libros á rúa :  VI Mercadillo de libros e Bookcrossing .  Dutante o mes de abril haberá unha exposición bibliográfica de W. Shakespeare.

DÍA DO LIBRO 2018

Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor 2018 Mensaje de la Sra. Audrey Azoulay, Directora General de la UNESCO, con motivo del Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor 23 de abril de 2018 El 23 de abril de 1616, dos gigantes de la literatura mundial murieron, dos precursores cuya obra revolucionaría la forma en que se concibió y escribió la ficción: Cervantes y Shakespeare. Esta coincidencia es la razón por la cual el 23 de abril fue elegido como día mundial del libro y del derecho de autor. Cuando celebramos libros, celebramos actividades - escribir, leer, traducir, publicar - que ayudan a las personas a elevarse y realizarse a sí mismas; y celebramos, de una manera fundamental, las libertades que las hacen posibles. Los libros se encuentran en la intersección de algunas de las libertades humanas más esenciales, principalmente la libertad de expresión y la libertad de publicar. Estas son libertades frágiles. Ante muchos desafíos, desde el cuestionamiento del

Mañá na biblioteca : MÚSICA E TEATRO

As actividades que a biblioteca de Sober propón no    Programa Merendas con contos , para o mes de abril , MES DOS LIBROS , conta para o venres día 20 coa colaboración   das escolas municipais de MÚSICA E TEATRO.   Na primeira parte desta tarde  teremos un concerto de solistas  . Son alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Sober.  Como remate, unha homenaxe a W. Shakespeare  A Escola Municipal de Teatro de Sober participa nas actividades  programadas para o DÍA DO LIBRO 2018 .     VENRES 20 DE ABRIL, NO CENTRO SOCIOCULTURAL  A PARTIR DAS 18:00H. 

Novidades infantil-xuvenil

No mes dos libros (ABRIL ) deste ano 2018 na biblioteca de Sober imos  coñecer a figura e o traballo de W. Shakespeare con novidades no catálogo que achegan os autores clásicos   aos máis pequenos e   tamén a mocidade. 

Merendas con contos en abril

O venres 6 de abri l comezan as ACTIVIDADES  DE ANIMACIÓN Á LECTURA  para os cativ@s, programadas para este mes ao que chamamos o MES DOS LIBROS AGARDAMOS POR TODOS OS NENOS E AS NENAS  OS VENRES NA BIBLIOTECA DE SOBER .  Cada semana publicaremos a información detallada das actividades que imos a realizar durante este mes DOS LIBROS . 

CL-Madama Crisantemo, de Pierre Loti

Lectura programada para as vacacións de Semana Santa e que o CL Pintor de Castinande comentou na última reunión do día 4 de abril.   Madama Crisantemo , de Pierre Loti,  narra en forma de diario os tres meses  que estivo  en Nagasaki  este oficial de mariña e tamén novelista.  Durante o verán de 1885 Loti permanece nesta cidade xaponesa  mentras reparan a goleta na que navega polo mundo.  Chega ata  Xapón có soño de casar cunha moza que lle serva de distracción durante a súa estancia en terra. Eran matrimonios mais ou menos legais, consentidos polas autoridades. Pactaban coas familias e "alugaban" a mozas que as veces eran case nenas, e cando marchaban deixábanas sen remordemento ningún.  A editorial Ediciones del Viento recolle obras de autores que trancorren en lugares exóticos.  No CL Pintor de Castinande temos lido xa varias obras publicadas por esta editorial  e destacamos :  "Diario de un fiscal rural" , ambientada en Exipto ; "El paí