Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

DÍA DO LIBRO INFANTIL

Como todos os anos dende 1967, o  IBBY   ( International Board on Books for Young  People )   promove a celebración do  DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL  o  2 de abril,  conmemorando o nacemento de  Hans Christian Andersen. A OEPLI e GÁLIX   en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte  promoven a celebración deste día e convocan este certame :  "Un conto de H. C. Andersen  en banda deseñada" Poden participar todos os lectores  que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a nosa biblioteca. Tan só hai que escoller un libro de Hans Christian Andersen e debuxalo en forma de viñetas. Nestas  BASES  podedes consultar todos os requisitos. Os traballos deberán presentarse na Biblioteca de Sober antes do día 21 de abril .

CL-La flor púrpura, de CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE

Kambili , é a protagonista e narradora desta novela. Ten quince anos, e co seu irmán maior Jaja levan unha vida privilexiada na cidade de Enugu . Viven nunha fermosa casa e frecuentan un elitista colexio relixioso, pero a súa vida familiar dista moito de ser harmoniosa. O seu pai, un poderoso e respectado home de negocios, é un fanático católico que alenta expectativas imposibles de cumprir. Cando os mozos visitan durante uns días á cariñosa e atrevida tía Ifeoma no seu humilde apartamento, descobren un mundo totalmente novo: o rico cheiro a curry que alaga o lugar, as continuas risas dos seus curmáns, as flores exuberantes, a calidez, o respecto ás ideas, a liberdade, o amor e a ausencia de castigos. Ao regresar ao seu fogar, transformados pola liberdade conquistada, a tensión familiar crece de forma alarmante. Estupenda historia para a primeira novela da escritora nigeriana CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE . Un libro ben e coidadosamente escrito , que "a

XXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

Os días 24 e 25 de marzo celébrase unha nova edición da  Feira do Viño de Sober.  Aquí tedes o programa de actos para este ano. 

Entrega premios Certame debuxo

Este fermoso debuxo realizado por ALEJANDRO PÉREZ LÓPEZ ,   foi o gañador do  IV CERTAME DE DEBUXO INFANTIL FEIRA DO VIÑO DE AMANDI 2018 :   A VITICULTURA NA RIBEIRA SACRA. A este certame, convocado polo Concello de Sober , presentáronse  un total de 150 debuxos , realizados por alumnos de primaria de catro colexios da comarca de Terra de Lemos : CEIP Monte Baliño de Pantón ; CEIP de Monforte ; CPR Torre de Lemos de Monforte  e CEIP Virxe do Carme de Sober.  Ademáis do debuxo gañador, concedéronse tres accésit para os mellores traballos que foron realizados por : Clay Anxo Randale Parquer (CEIP Pantón), José Ángel Novoa López  (CEIP Sober) e Sofía Mendes González (CPR Torre de Lemos). O martes 20 de marzo ás 12h. o Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián fixo entrega dos premios aos nenos gañadores deste certame.  Tamén se entregaron agasallos a todos os participantes e se repartiron as pegatinas có debuxo gañador que representa e difunde a ima

As merendas con contos no mes de Amandi

O venres 16 de marzo os nenos e as nenas que participan no Programa de Animación á lectura Merendas con contos fixeron unha visita didáctica  á  adega Rectoral de Amandi .  Con esta actividade a  biblioteca participa nos actos previos á celebración da feira do viño anual e trata  de implicar aos máis novos do concello na vida da súa comunidade, e  coñecer unha das actividades económicas máis relevantes de Sober.  Moitas grazas aos encargados da adega Rectoral de Amandi , por ensinarnos o seu traballo e comunicarnos con excelentes explicacións o labor e tareas que se realizan nunha adega da nosa D.O. Ribeira Sacra.

INICIACIÓN Á CESTERÍA

Na  tarde do 9 de marzo estivo na biblioteca DANIEL FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, veciño de Anllo, parroquia de Sober, gran  afeccionado aos traballos manuais.   A súa proposta consistiu en realizar un obradoiro de iniciación á cestería pero utilizando papel de periódico en vez de vimbio.  Con gran destreza e tamén con moita paciencia o noso mestre axudounos a formar os " canutillos  " ou varas, que máis tarde serven para entrelazar ou máis ben tecer  e ir dando forma á peza que queramos elaborar.  Do traballo con Daniel saíron pequenas cestas feitas polos nenos e as nenas de Sober.  Esperamos poder repetir esta experiencia . Moitas grazas DANIEL .  

CONTO DIXITAL Balbina López Somoza Unha muller para o 8 de marzo

Conto baseado na vida de Balbina López Somoza que está ilustrado polo alumnado dos Centros educativos de primaria da comarca Terra de Lemos e que está narrado pola periodista Manola Porto .   Este mesmo conto, en formato papel , está en todas as bibliotecas participantes neste proxecto impulsado polo  Colectivo Lemos Le en colaboración có CIM de Monforte de Lemos.

V CERTAME MULLERES DE LEMOS

O Colectivo Lemos Le para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo, convoca o V Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promocionar as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos. O certame deste ano terá como protagonista a Genoveva González Prieto , unha mestra de Bóveda ( Lugo ) traballadora do ensino no rural de Galicia.  As actividades propostas polo colectivo son as seguintes :  Obradoiro Genoveva González Prieto . Unha muller para o 8 de marzo . que se realizará nos centros educativos da nosa comarca. Desenvólvese en colaboración có Centro de Información á Muller ( CIM ) de Monforte de Lemos.  Consta, por unha banda, dun traballo de reflexión sobre a vida dunha mestra formada a principios do século XX e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da súa vida.  V certame Mulleres de Lemos , modalidade Banda Deseñada . Dirixido aos estudantes de Secundaria e bach

Día da Muller Traballadora

O venres 2 de marzo a biblioteca celebra o Día Internacional da Muller   ( 8 de marzo ) coa presencia dunha muller emprendedora do noso Concello :  Marena Rodríguez Losada , enxeñeira agrónoma,  que rexenta unha empresa de  mantemento de fincas e realización de traballlos forestais , acude este venres as Merendas con contos para realizar un obradoiro cós nenos e as nenas , despois de responder a moitas preguntas que lle fixeron en relación coa súa profesión.  Na primeira parte da tarde tivemos a lectura coa que iniciamos as actividades neste día. No obradoiro  de Marena os asistentes sementaron céspede , que terán que coidar nas casas e controlar as fases de crecemento desta formación herbácea mesta e de baixa altura.  GRAZAS A MARENA POR  COMPARTIR CON NÓS PARTE DA SÚA EXPERIENCIA COMO MULLER TRABALLADORA   E TAMÉN  POR PASAR UNHA TARDE NA BIBLIOTECA.

Convocatoria certame de Debuxo Infantil

Merendas con contos en marzo

PROGRAMACIÓN DA BIBLIOTECA DE SOBER PARA A TARDE DOS VENRES