Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

24 de febreiro : Día de Rosalía de Castro

O último venres de febreiro o Programa de animación á lectura  Merendas con contos , estivo adicado a celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro ( Santiago de Compostela 24 de febreiro de 1837- Padrón 15 de xullo de 1885)  . Durante esta tarde lemos e escribimos textos de Rosalía para incluilos na nosa fiestra particular, elaborada polos nenos e as nenas de Sober .  A AELG  ( Asociación de Escritores en Lingua Galega )  propón todos os anos unha acción para celebrar o nacemento de Rosalía,  e neste 2018 o lema foi :  "Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiest

CL-Momentos estelares de la humanidad, de STEFAN ZWEIG

O  CL Pintor de Castinande  elixe para o mes de  marzo  unha obra do escritor austríaco  STEFAN ZWEIG , e que leva por título  "Momentos estelares de la humanidad . Catorce miniaturas históricas " Baixo este título, o autor realiza unha estupenda miniatura histórica e literaria. de 14 acontecementos que Zweig elixe como representativos na historia da humanidade : Cicerón ; a conquista de Bizancio ; o descubrimento do Océano Pacífico ; Händel ; a composición da " Marsellesa " ; Waterloo ; Goethe ; Suter ; Dostoiesvski ; Cyrus W. Field ; Tolstói ; o capitán Scott ; a viaxe de Lenin a Rusia en 1917 ; e por último, para rematar cunha historia do presidente americano Wilson. O AUTOR : Nacido en Viena en 1881, Stefan Zweig foi poeta, tradutor, editor, pacifista, humanista e europeo. Emigrou a Suíza durante a primeira guerra mundial, de 1917 a 1918, e foi un dos autores máis traducidos antes da Segunda Guerra Mundial. En 1934

Tempo de entroido

En febreiro chegou o Entroido e nas Merendas con contos lemos   :  "A máscara do león",  de Margarita del Mazo ;  ilustracións de Paloma Valdivia  : NO MÁIS PROFUNDO SA SABANA , Á SOMBRA DUNHA VELLA ACACIA, NACEU UN LEÓN ... Pasamos tardes  con xogos ,  facendo accesorios para os disfraces e tamén tivemos  un obradoiro chamado o Entroido dos animais. Na aula de informática os nenos e as nenas iniciaron unha busca de linguas do mundo   a través de Internet e dos atlas da biblioteca municipal.  Con todos os datos atopados durante tres tardes,  fixemos un mapa luminoso coas linguas do mundo e así celebramos o día 21 de febreiro :  Día da lingua materna .

Novidades no catálogo. Adultos

As horas roubadas , de María Solar

MARÍA SOLAR é a autora da novela que o CL da biblioteca de Sober leu  durante o mes de xaneiro . Escritora e xornalista, na actualidade presenta o informativo Revista de fin de semana , da TVG .  Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio e divulgativas.  O recoñecemnto da crítica e o público chégalle da man da litertura infantil e xuvenil : Teño uns pés perfectos , Os nenos da variola e agora con As horas roubadas , que acadou o 13º Premio Frei Martín Sarmiento ( Bacharelato e Adultos ) .  Recensión da editorial Xerais : A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. “As horas roubadas” é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeraci

Programación febreiro

Contacontos e obradoiro

Obradoiro de ilustración con Estefanía Padullés. Basado no conto Max e Lea :  Max é un  Tyrannosaurus rex moi grande e moi forte, máis ten medo á escuridade.  Pedirá axuda a todos os dinosaurios que coñece , ningún poderá axudalo ata que aparece Lea , unha ratiña pequena pero moi intelixente, que mostrará aos dinosaurios o bonita que pode ser a noite. Con este conto Fani Padullés vai debuxando os dinosaurios e explicando aos asistentes a maneira de facelos  dun  xeito   sinxelo.