Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

Mañá na biblioteca : FANI PADULLÉS nas Merendas con contos

O VENRES 26 DE XANEIRO   estará na bilioteca de Sober  ESTEFANÍA PADULLÉS

Novidades no catálogo. Adultos

Unha selección de títulos que xa atopamos na biblioteca de Sober.   

Debuxamos con area de cores

O VENRES DÍA 19  tivemos a segunda   Merenda con contos    adicada á ilustración. O primeiro foi buscar nos libros da biblioteca os nomes de ilustradores e algunha das súas obras : Goscinny e Uderzo con Astérix , Hergé con Tintín , Ibáñez e Mortadelo.  Atopamos un número importante de ilustrador@s galegos : Noemí López , Xosé Tomás, Pinto e Chinto , Pepe Carreiro ... Con estos nomes fixemos unha presentación na aula de informática. O obradoiro desta tarde consistiu en elaborar un cadro con area de cores, dirixido por    Mª Victoria Díaz Arias .

A ILUSTRACIÓN

O pasado venres, 12 de xaneiro, dentro do noso programa de animación á lectura para os máis nov@s, " Merendas con contos " tivemos a oportunidade de coñecer ao noso gran ilustrador AFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO. Celebramos neste mes o DÍA DA LUSTRACIÓN en Galicia, que coincide coa data de nacemento de Castelao  , e así celebramos unha das súas facetas , pois ademáis de escritor foi un gran debuxante.  A primeira parte desta tarde pasáronna na biblioteca :   Posteriormente os  asistentes elaboraron un  kahoot na aula de informática.   Dividos en dous equipos ( verde e vermello ) fixeron o xogo con preguntas e respostas que previamente elaboraran  na biblioteca.  Mediante esta aplicación, que é  unha ferramenta xenial,  os nenos e as nenas aprenderon e tamén houbo diversión. Ás seis da tarde tivemos a inauguración da exposición de fotografía de   PILI CHAOS : PAISAXES. Acompañados pola autora das fotos , visitamos a exposición, q

MERENDAS CON CONTOS en XANEIRO

PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA MERENDAS CON CONTOS :  MES DE XANEIRO DE 2018 Durante este mes poderemos visitar unha exposición de fotografía complementada cunha  mostra bibliográfica sobre este tema.

Novidades : literatura galega

  Chegan novas historias á biblioteca.  Pódense atopar na sección de literatura galega.  

CL-Tierra de brumas, de Cristina López Barrio

A terceira lectura deste curso 2017-18, no Club de lectura Pintor de Castinande , da biblioteca de Sober, é a novela "Tierra de Brumas ", de Cristina López Barrio. É a historia dunha saga familiar que transcorre en Galicia e inclúe a dúas familias : a estirpe das Mencía , criadas pola natureza nas profundidades do bosque galego, e a aristocrática dinastía dos Novoa , a familia máis rica e poderosa da rexión. Ao pazo galego de Novoa chega Valentina unha nena de 11 anos que cruzou soa o Atlántico para reunirse coa súa avoa. Vén da Habana , onde vivía coa súa nai, pero queda orfa e faise cargo dela a súa avoa Bruna Mencía , , quen se fará cargo da súa educación co fin de convertela en herdeira da dinastía. Ambientada nun pazo galego , con habitacións deshabitadas, con mobles cubertos con sabas e alguén vivindo no soto da casa. Unha casa entre a néboa , un espeso bosque, tentando transmitir un pouco da maxia das novelas de época de Galicia. O relato

CALENDARIO 2018

Calendario 2018 coas datas máis salientables en torno ao libro e a lectura.