Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2018

FELIZ ANO NOVO

Novidades no catálogo

Para rematar este ano 2018 presentamos tres novidades :  dúas para os máis pequenos e unha terceira para adultos.:  Nova colección en cartón da editorial Triqueta verde , con Lola e as 21 vacas.  Recoller unha árbore no bosque para decorala, facer debuxos para agasallalos ás amizades, facer uns pasteis, escribir as invitacións... Ernesto e Celestina celebran unha gran festa de Nadal. Editorial Kalandraka. Tras os montes. Cómic de humor con moita crítica social realizado por Luis Davila

A BPM de Sober felicita o Nadal

HORARIO  FESTAS DE NADAL :  A biblioteca estará pechada os días 24, 25 ,31 de decembro e 1 de xaneiro 

Doctor Zhivago, de Borís Pasternak

Esta novela de Borís Pasternak publicada en 1957 en Italia e en 1988 na URSS é a lectura escollida polo CLUB da biblioteca de Sober para o mes de decembro. O seu autor foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1958, con todo, Pasternak rexeitouno como consecuencia de presións políticas. Este libro conta a historia de Yuri Andréyevich Zhivago, , un mozo médico e poeta, orfo de nai e pai. A novela comeza coa morte da súa nai e vai describindo a nenez e a adolescencia de Yuri e Lara na cidade de Moscova. Nesta cidade, Yuri estudia medicina e tamén aquí contrae matrimonio con Tonia con quen ten un fillo, máis deberá deixalos para incorporarse ó fronte na 1ª Guerra Mundial. Nun antigo hotel, reconvertido en hospital militar, atópase con Lara coa que inicia unha historia de amor que se desenvolve ao longo de toda a novela. Os acontecementos desta obra transcurren durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918 ) , a Revolución Rusa (1917) e a posterior Guerra Ci

Recomendacións lectoras

Como todos os anos o colectivo de bibliotecas escolares e municipais de Terra de Lemos e a Asociación de librerías de Monforte de Lemos ( LEMOS LE ) , fan a súa proposta de lecturas para o inverno. Esta é unha simple escolma de toda a produccíon bibliográfica que atopamos nas librerías e nas bibliotecas públicas. Esta é a nosa proposta para este inverno.

Novidades-Teatro

Temos unha cultura criminal propia ? Delinquimos como galegos? Edicións Positivas saca o libro  co texto do espectáculo que desde o pasado marzo enche todos os teatros de Galicia.  Unha obra de José Luis Prieto, e dos propios Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco. O grupo de teatro Chévere, presenta unha obra de teatro colectivo, divertido, teatro comprometido que explora a memoria colectiva a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraïso, e que tempo despois , foi convertida nun supermercado Eroski. Estes dous textos teatrais podemos atopalos na BPM de Sober   no  andel  de teatro galego G-T

Merendas con contos en decembro

Tradicións na biblioteca

Durante o mes de novembro os nenos e as nenas que participan nas Merendas con contos dos venres, realizaron diversos obradoiros  temáticos relacionados con datas destacadas do calendario, actividades que realizamos neste mes có obxectivo de dar a coñecer aos usuarios máis pequenos da biblioteca determinados aspectos da nosa cultura tradicional.  Participaron nas actividades do Día Internacional contra a violencia de xénero, en colaboración coas integrantes dos Faladoiros dos luns, elaboraron teas de araña e pompones, con ganchillo e  confeccionados con la de cores , para decorar as árbores do parque de Sober , coma una señal contra todo tipo de violencia ;  teas de cores que representan a unión entre as persoas confeccionando redes de apoio e solidariedade.  365 días sen violencia O venres 16 de novembro visitáronnos  dúas mulleres, integrantes da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte de Lemos . O Alcalde de Sober deulles as gracias por ache

CL-La amiga estupenda, de Elena Ferrante

O CL Pintor de Castinande mergúllase na lectura desta novela, primeira dunha saga de catro historias que teñen lugar na cidade de Nápoles nos anos 70 do século pasado. As protagonistas da novela , Lila e Lenú , amigas dende nenas, móstranos a vida nun barrio obrero, no que para sobrevivir teñen que utilizar a astucia antes que a intelixencia. A relación entre as dúas amigas neste primer volume da serie escrita por Elena Ferrante , móstranos a realidade dun barrio pobre, habitado por xente humilde que acata sen protestar a lei do máis forte. É esta unha historia sobre a amizade, o patriarcado , os cambios políticos en Italia e no resto de Europa. A autora : Elena Ferrante é o pseudónimo dunha escritora da cal hai moi pouca información. Algúns afirman que naceu en Nápoles , logo mudouse a Grecia e finalmente a Turín. ​ Nunha entrevista outorgada ao xornalista Paolo Dei Stefano, Ferrante declarou: "Non me arrepinto do meu anonimato. Descubri

Novidades CÓMIC

Filósofas, rebeldes, activistas : este libro gráfico conta a historia do feminismo no contexto euro-norteamericano desde a Antigüedad ata os nosos días. Nas súas páxinas non só se abordan as súas principais figuras, senón tamén importantes debates feministas,como, por exemplo, a igualdade de dereitos , o traballo doméstico, o amor libre , a identidade e a diferenza , ou as principais correntes no relativo ao xénero , cada un no seu respectivo contexto histórico. (Información que aparece na tapa do propio libro ) Podemos atopalo na BPM de Sober en Cómic/PAT/peq Bruce Bechdel é profesor de inglés e dirixe unha funeraria, ademais de ser pai esixente e distante de Alison. Só cando esta admite , xa na universidade, que é lesbiana, descobre que o seu pai tamén é homosexual. Este é o argumento da novela gráfica gañadora do Premio Esisner, onde Alison Bechdel transforma a súa historia familiar nunha obra de gran profundidade literaria e psicolóxica. Atopámol

Premio María Moliner

A BPM de Sober está de celebración :  Fomos de novo seleccionados e premiados na  XIX Campaña de animación á lectura María Moliner  Este concurso ten por obxectivo "premiar a aquelas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, á eficiencia e á labor bibliotecaria, á integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías" ( www.mecd.gob.es ). Este premio conseguímolo entre todos, en especial  os usuarios da biblioteca que facedes posible que se leve a cabo o programa de Animación á lectura que o Concello de Sober propón cada ano  e que gracias a  todos , usuarios e traballadores , facemos da biblioteca un lugar cheo de vida e con moito futuro, colaborando na formación de novos lectores e usuarios das bibliotecas públicas. 

Merendas con contos en NOVEMBRO

Programación das Merendas con Contos :  mes de novembro ↠OBRADOIROS NA AULA MULTIMEDIA  de 16 a 17:00h. ↠CONTOS NA BIBLIOTECA de 17:30 a 18 :00h. OBRADOIROS TEMÁTICOS   de 18 a 19:00h.  ➤venres 9 e 23 : GANCHILLAMOS POLA IGUALDADE Os nenos e as nenas das Merendas con contos  e integrantes do Faladoiro dos luns farán SOBERKINITTING ➤venres 16 :   MÚSICA coa Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte de Lemos. ➤venres 30 : EDUCACIÓN PARA O CONSUMO RESPONSABLE Exposición de  cómic do Certame Mulleres de Lemos  do  Colectivo LEMOS LE Vémonos os venres na Biblioteca  a partir  das catro da tarde¡¡¡¡

CL -Camino de sirga, de Jesús Moncada

Comezamos o novo curso do CL Pintor de Castinande   coa lectura da novela de JESÚS MONCADA, CAMINO DE SIRGA. Obra gañadora do Premio Nacional da crítica de literatura catalana e finalista no Premio Nacional de literatura en 1990. É unha novela que poderiamos clasificar como de xénero xornalístico. A pesar de que o autor afirma que os personaxes non se corresponden con identidades reais toda a novela é a historia do pobo de Mequinenza situado no baixo Cinca . Os perfís dos seus personaxes correspóndense cos habitantes que o propio autor coñeceu e entrevistou. Jesús Moncada sempre estivo moi arraigado á súa terra, ata o punto que Camino de sirga narra a desaparición da antiga cidade de Mequinenza ( entre o río Segre, o Cinca e o Ebro ), debido á construcción do embalse de Riba Roja. Esta novela está composta dos recordos dos seus personaxes ( máis de 200). Abarca desde mediados do século XIX ata os anos 70 do século XX . É unha novela sobre a memoria e polas p

Escolma : mes de outubro

A BPM DE SOBER INICIA UN NOVO CICLO DE ACTIVIDADES  no   PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA MERENDAS CON CONTOS   para un novo curso 2018/ 2019  Venres día 5 : A CANTAR POESÍA CON MANOELE DE FELISA Espectáculo que achega ós máis pequenos e pequenas o mundo da poesía dun xeito lúdico e atractivo. María Victoria Moreno, Xosé Neira Vilas, Rosalía de Castro ... Entre outros, serán algúns dos poetas que coñeceremos a partir da voz do cantautor. Nenos e maiores difrutaron dunha tarde de poemas e música. Día 24 : Os alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober visitaron a BPM para celebrar o día  da Biblioteca, 24 de outubro. En colaboración coa biblioteca escolar fixéronse unhas xornadas de formación de usuarios a través do xogo : Break Out, que iniciaron os maís novos do colexio coa busca de tres libros na nosa biblioteca, a partir de pistas sinxelas que lles entregamos aos nen@s de 3 e 4 anos.   Unha visita estupenda que acompañar

Mañá na biblioteca : Isabel Herrero Díaz

O venres 26 de outubro   imos deixar pegada!  Ilustraremos un texto.  Atréveste?  É doado, untamos o dedo en pintura e aplicámola no papel.  Tranquilidade! faremos probas e cando dominemos a técnica ilustraremos o conto ou poema elixido.  Para rematar prepararemos unha exposición para o público na que mostraremos as nosas ilustracións e leremos os contos e poemas.  Pon en marcha a túa creatividade e ilústranos! ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER

Os usuarios e a súa biblioteca

24 de Outubro : DÍA DA BIBLIOTECA

PROGRAMA do CONCELLO DE SOBER Desde de 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraievo incendiada o 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana . Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados.  Este ano os elixidos foron Gonzalo Moure (valenciano de nacemento) e Alfonso Zapico (asturiano). Texto do pregón realizado por Gonzalo Moure : El día de la luz Vengo del desierto del Sáhara, de inaugurar una biblioteca. Está en

Outubro :Parabéns BIBLIOTECA

A programación da BPM de Sober na segunda quincena de outubro está adicada á celebración do DÍA DA BIBLIOTECA : TEREMOS DOUS OBRADOIROS DE DECORACIÓN DE CAMISETAS E DEBUXO TEREMOS TAMÉN DOUS OBRADOIROS DE INTERNET E, COMO NON, TEREMOS UNHA LECTURA : El secuestro de la bibliotecaria, DE  Margaret Mahy OS VENRES ENTRE AS 16:30h. e as 19:00h. MERENDAS CON CONTOS

Novidades : poesía galega para adultos

Un dos títulos fundamentais da poesía galega editado por Chan da Pólvora , dentro da Biblioteca de Mesopotamia , que inclúe unha introducción de Olga Novo e un texto de Emilio Araúxo.  Poemario póstumo publicado como conmemoración dos cincuenta anos do nacemento do autor. A súa producción abrangue obras en galego e en castelán , escritas entre 1987 e 1993.  ATOPAMOS ESTES POEMARIOS NA SECCIÓN POESÍA GALEGA da biblioteca de Sober

DIA DA BIBLIOTECA 2018-Xantar de celebración

    Para conmemorar o  Día da biblioteca , o Colectivo LEMOS LE organiza por sexto ano consecutivo un  xantar de confraternidade  para reivindicar a importancia do  papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos .      Durante o xantar farase entrega dos premios do  V Certame Mulleres de Lemos: Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de marzo  e presentarase a sexta edición do mesmo. AS INVITACIÓNS PARA O XANTAR PÓDENSE ADQUIRIR nas  BIBLIOTECAS ESCOLARES e nas MUNICIPAIS DO COLECTIVO LEMOS LE 

CL-Club de Lectura 2018/2019

Comezamos o día 3 de outubro unha nova tempada das reunións semanais que un grupo de adultos realiza  dende o ano 2007 . Os mércores ás sete da tarde , e xunto coa lectura dun libro , complementamos estes  encontros coa presencia de autores, visitas a lugares de interés da nosa comarca e celebracións ( Día do Libro, Día da Biblioteca, Letras galegas...) Convidámosvos a que pasades pola biblioteca de Sober onde recibiredes información desta actividade gratuíta e sobre todo moi gratificante. 

Novidades para lectores expertos

Destinado a lectores a partir dos 10 anos  Chega á biblioteca esta serie con moitas aventuras protagonizadas por   Cris, Sara, Patri e Carlos.   Este grupo de amigos  acoden a unha  escola moi especial   :  a  Escola de baile   da señorita  Carmen Bet hencourt.  Atopamos estes libros na sección xuvenil da BPM de Sober.

Novidade en BD : ANA FRANK . LA BIOGRAFÍA GRÁFICA

Durante a ocupación nazi, a moza Ana Frank viviu oculta xunto á súa familia e outras catro persoas nunha casa de Ámsterdam . Durante os dous anos que estivo encerrada dedicouse a escribir no seu diario todo o que sucedía na casa así como os seus sentimentos máis profundos. Hoxe, ese diario é un emotivo testemuño da persecución que sufriron os xudeus durante a 2ª Guerra Mundial. Co pretexto de coñecer a figura de Ana Frank e as terribles circunstancias nas que viviu, Sid Jacobson e Ernie Colón realizan a súa biografía en formato gráfico. CÓMIC BIOGRÁFICO QUE PODEMOS ATOPAR NA BIBLIOTECA NOS ANDEIS DA BD