Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2017

ENCONTRO CON : SERGIO JOSÉ RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

O club de lectura Pintor de Castinande da biblioteca de Sober  terá ocasión de :  "Ler, pensar e imaxinar con Alicia no pais das  marabillas ,  da man de Sergio José Rodríguez González : investigador en historia e cultura das Illas Británicas e profesor voluntario de inglés na Casa das Linguas na Pobra de Brollón. " LA LITERATURA INGLESA COMO DISCIPLINA CIENTÍFICA "                          mércores 29 de marzo ás 19:00h.

Mañá na biblioteca : DÍA DO TEATRO

Para conmemorar  o DÍA MUNDIAL DO TEATRO , que se celebra cada 27 de marzo ,  nas Merendas con contos deste venres 24 de marzo   a ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO de Sober representará unha adaptación libre de  AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS, de Carlos Casares , autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas . AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS, de CARLOS CASARES ADAPTACIÓN  DE EVA F. FERREIRA A función é para todos os públicos  e terá lugar na BPM de Sober  ás 18:00h. do venres 24 de marzo.

DÍA DA POESÍA

Na biblioteca de Sober festexamos o DÍA DA POESÍA, 21 de marzo, con MANOELE DE FELISA que lle puxo música a un poema de XOSÉ NEIRA VILAS , TRES BOLBORETAS : NA VOLTA DO REGUEIRO, SOBRE UNHAS FENTAS, REVOAN QUE DÁ XENIO TRES BOLBORETAS UNHA BRANCA, OUTRA AZUL E OUTRA AMARELA, COMPAÑEIRAS E AMIGAS SON TODAS ELAS. POIS QUE ESAS CORES DEULLAS A NATUREZA, É NATURAL QUE VIVAN  SEN DIFERENCIAS. SEN XENREIRAS NIN PENCHAS E SEN FACHENDA COMPARTEN OS PENISCOS DAS VERDES FENTAS. TAL VIVEN E CONVIVEN AS BOLBORETAS, XUNTAS BRANCAS E AZUIS E AS AMARELAS.  Neste enlace atopamos outra cantiga : A VACA ROBERTA , de ROSALÍA MORLÁN    https://www.facebook.com/concello.desober/videos/1251107721677285/

Novidades infantís : sempre ALICIA

Mentres fóra neva neva, Alicia xoga ao xadrez ca  súa gatita Kiti e medita sobre como será o mundo alén do espello colgado na parede do seu salón.  Sorprenderase ao comprobar que pode atravesalo.  Dese lado espéralle outra partida de xadrez.  Esta vez xogará coas súas propias regras: alí as flores falan, os unicornios pelexan con leóns, o tempo avanza en sentido contrario?  TODO É POSIBLE NUN  MUNDO AO REVÉS Lewis Carroll  |  Autor Lewis Carroll (Daresbury, 1832 - Guildford, 1898).  Charles Lutwidge Dodgson era o seu verdadeiro nome. Aos 18 anos ingresou na Universidade de Oxford, na que permaneceu durante preto de 50 anos. Foi ordenado diácono da Igrexa Anglicana e ensinou Matemáticas a tres xeracións de novos estudantes de Oxford e, o que é máis importante, escribiu dous das máis deliciosas narracións da literatura universal: Alicia no país das marabillas e A través do espello . As Matemáticas foron a súa paixón. Tamén foi un notable fotógrafo,

Mañá na biblioteca : CANTOS DE LEMBRANZA

Para celebrar o DÍA DA POESÍA ,  21 de marzo , as Merendas con contos da biblioteca de Sober, propoñen a poesía musicalizada por Manuel Vázquez Fernández ,    MANOELE DE FELISA e os seu CANTOS DE LEMBRANZA ,  con poemas de Xosé Neira Vilas. Esta actividade está dentro do Programa de animación á lectura LER CONTA MOITO Venres 17 de marzo ás 18:00h. Biblioteca pública municipal de Sober

Camilo José Cela no club de lectura

Camilo José Cela Trulock naceu na localidade de Iria Flavia en Padrón , provincia da Coruña, o 11 de maio de 1916.  En 1942 arrinca a súa carreira literaria coa publicación da súa primeira novela A familia de Pascual Duarte , tras a que seguiron trece novelas máis ata Madeira de boj (1999). En 1989 foille concedido o Premio Nobel de Literatura . Dous anos antes recibira o Premio Príncipe de Asturias das Letras, e seis anos despois foille concedido o máximo galardón das Letras Españolas: o Premio Cervantes . Cela  cultivou todos os xéneros literarios ata alcanzar un total de 120 títulos publicados en vida: 14 novelas, oito novelas curtas , cinco libros de poesía, 17 libros de viaxes, 20 libros de artigos , 26 de contos , tres de teatro , un romance de cego, cinco adaptacións, dúas de entrevistas, 13 de temática variada, un de lexicografía, tres dicionarios e dous libros de memorias : A rosa (memorias da nenez) e Memorias, entendementos e vontades (memorias de mo

Novidades adultos

" Nin sequera podemos sospeitar os sitios en que é capaz de esconderse a vida cando os buscavidas saímos a buscarnos a vida " Con esta reflexión preséntasenos o protagonista da últíma novela de   Felipe Benitez Reyes (Rota, Cádiz, 1960 ) Crítica en Babelia ( diario El País )

Novidades : ARTE para os máis pequenos

Descubrimos a vida e a obra de Pablo Picasso, un dos artistas máis importantes de todos os tempos. Sorprenderémonos coas historias que esconden algunhas das mais importantes obras de arte

Novidades infantis : ecoloxía e historia

Libro a partir dos 5 anos no que podemos saber cómo facer para salvar as especies en perigo de extinción , protexer os bosques e manter o aire e a auga limpos .  Descubrimos neste album de que maneira podemos contribuir a coidar o noso planeta para os nenos do futuro. Parte rumbo ao descoñecido en compañia dos exploradores máis intrépidos da historia.  Un libro con máis de 70 lapelas que levantar .

COLECTIVO LEMOS LE: BASES IV CERTAME MULLERES DE LEMOS

COLECTIVO LEMOS LE: BASES IV CERTAME MULLERES DE LEMOS

8 DE MARZO : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No DÍA DA MULLER , hoxe 8 de marzo , entregouse en Monforte o terceiro volume da serie Mulleres de Lemos , adicado este ano a Lola de Penelas , cacharreira de Gundivós , Sober. Este conto , que xa podemos ler na biblioteca pública, foi feito por Paula Vázquez Verao e os debuxos son orixinais dos nenos e as nenas dos colexios de  Terra de  Lemos.  Con esta edición remata a homenaxe que o Colectivo Lemos Le en colaboración co CIM de Monforte , lle adicou á lembranza de Lola , muller representativa de todas as mulleres traballadoras da nosa comarca.

Novidades no fondo infantil

Certame de debuxo infantil XXXVII Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober convoca o III Certame de Debuxo Infantil  XXXVII Feira do Viño de Amandi , coa finalidade de elaborar un adhesivo co debuxo gañador,  de acordo coas seguintes bases : 1. Neste certame poden participar tódolos nenos , con idades comprendidas entre 6 e 12 anos , dos centros de ensino da comarca de Terra de Lemos . 2. Os debuxos deberán presentarse sobre cartolina tamaño aproximado DINA4, sobre o tema que se propón a continuación : O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA 3.Cada autor presentará un único traballo acompañado cunha folla cos seus datos persoais. 4. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 24 de marzo , debendo ser entregados na Biblioteca Pública do Concello de Sober. 5.O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará un único traballo que será o gañador deste certame. 6.O traballo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Sober, que se reserva o dereito de publicación

Merendas con contos no mes de marzo