Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2017

LECTURAS REFRESCANTES : A BIBLIOPISCINA

COA CHEGADA DO VERÁN A BIBLIOTECA municipal  de SOBER    TRASLÁDASE Á PISCINA MUNICIPAL .  AQUI TEREMOS DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO  UNHA SELECCIÓN DE LECTURAS PARA PASAR UN BO RATO   Entre baños , xogos e LIBROS  ⇓⇓⇓⇓⇓ O proxecto da Bibliopiscina está incluído dentro da campaña de animación á lectura levada a cabo polo  Concello de Sober   que ten como obxectivo, entre outros :  Acercar os  libros os lugares onde a xente acude no verán a pasar o  seu tempo de ocio. Facilitar o  préstamo de libros ao entorno familiar. Amplíar a oferta de actividades relacionadas coa lectura nos espacios do concello.  LECTURAS REFRESCANTES PARA TODAS AS IDADES

Programación verán : COÑECE O TEU CONCELLO

HORARIO DE VERÁN

Dende o luns  26 de  XUÑO E durante os meses de  XULLO e AGOSTO O horario  da  BIBLIOTECA será  :  de  9:00 a 14:00  h. de LUNS a  VENRES .

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

O colectivo LEMOS LE propón de novo unha serie de lecturas para este verán .  Son   libros, películas ,  música ... propostas variadas para intereses diversos e pensando en todos as idades.  Será por libros!!

Novidades no catálogo

Mañá na biblioteca : A TITIRICLETA

ANXO MOURE , O CARBALLO CON BOTAS  PRESENTA :  A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chega á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala... Levará as nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz.                                                      ⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋⤋ Programa de animación á lectura  "Merendas con contos" Venres 16 de xuño ás 18:00h. Biblioteca Pública do Concello de Sober

CL-EL DESORDEN QUE DEJAS, de Carlos Montero

O escritor Carlos Montero gañou o XX Premio Primavera de Novela pola súa obra EL DESORDEN QUE DEJAS , un intenso thriller psicolóxico en primeira persoa ambientado nun pobo chamado Novariz e que ten como protagonista a unha profesora de instituto. Esta foi a proposta do club de lectura da biblioteca de Sober nas últimas semanas.  Nas páxinas desta novela coñecemos a historia de Raquel , a profesora sustituta de literatura, no instituto de Novariz, un  pobo do que tamén procede o seu marido. Xa no primeiro día de traballo decátase de que Elvira , a súa predecesora,  suicidouse e ao finalizar as clases atopa no seu bolso unha nota cunha funesta pregunta: "E ti canto vas tardar en matarte?". Raquel tentará pescudar quen está detrás desa ameaza, e obsesionarase co que lle ocorreu á antiga profesora. O suspense será un compoñente fundamental desta historia, que trancurre áxil e entretida , cuns  personaxes verosímiles e próximos, e na que se mesturan intereses

BANDA DESEÑADA GALEGA

Xulio Carballo Dopico  presentou a súa proposta :  LER A NOSA BD! :  Unha viaxe polas obras e autores da Banda Deseñada Galega . Foi na  biblioteca de Sober  o mércores 7 de xuño ás 19:00. O público asistente , formado polos integrantes do noso club de lectura, "Pintor de Castinande" ,  asistiu moi interesado as explicacións que Xulio   C. Dopico nos deu, facendo un percorrido histórico polo cómic galego.  Apoiado por imaxes, e coa súa boa disertación, as persoas asistentes quedaron moi satisfeitas deste encontro. Nel aprendemos moitas cousas dos nosos ilustradores, grandes debuxantes recoñecidos a nivel nacional e tamén internacional. →→→→→→→→→→→→→→→→→→↓ Na biblioteca de Sober existe  unha boa colección de cómic de diferentes estilos e nacionalidades.  Podes atopalos na biblioteca có rótulo BD listos para o préstamo.

LER A NOSA BD no Club de lectura

 XULIO CARBALLO DOPICO    Estará na biblioteca de Sober onde falará  sobre a historia dos ilustradores galegos: " h ai máis de corenta anos un grupo de mozos decidiron que a arte podía facerse a través da unión de imaxes e do uso da nosa lingua. Ao igual que en moitas das súas obras, faremos unha viaxe polo tempo e polos mundos que os nosos autores crearon" Mércores 7 de xuño ás 19:00h.

Actividades culturais en xuño

Cando os nenos din BASTA ! , de Francesco Tonucci

Atopamos en Novidades na biblioteca  a  publicación da editorial Kalandraka :  Cando os nenos din BASTA                de Francesco Tonucci Libro dirixido ao profesorado, ás nais e pais e mesmo aos nenos e ás nenas.  É a continuación e a posta ao día de A cidade dos nenos, na que Francesco Tonucci prefire dar a palabra directamente aos cativos e que poidan expresarse libre e espontaneamente.  A editorial Kalandraka publica esta interesante obra dentro da colección "Biblioteca de Pedagoxía".