Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

As Letras Galegas na BPM de Sober

CARLOS CASARES LETRAS GALEGAS 2017 Durante o mes de maio a programación de animación á lectura da biblioteca de Sober estivo centrada na figura de CARLOS CASARES , autor homenaxeado este ano no día das nosas LETRAS , que celebramos  o  día 17 de maio . O día 5 de maio estivo na biblioteca a narradora CRIS DE CALDAS , dentro do programa de animación á lectura Ler conta moito , colaboración entre o Concello de Sober e a Xunta de Galicia. “A Galiña Azul e compañía”  foi a gran protagonista desta tarde de contos xunto con Lolo e a súa bicicleta , o can Rin e o lobo Crispín , Toribio, e moitas Laranxas.  Rematamos cun obradoiro de marcapáxinas que levaron os nenos para a casa. Viaxe a Padrón  Os integrantes do club de lectura Pintor de Castinande visitamos o concello de Padrón, na comarca do Sar, para coñecer os lugares onde se atopan unha gran parte da  vida e da obra de Camilo José Cela e de Rosalía de Castr

Novidades no catálogo : poesía galega

Tres autores galegos editan en Xerais os seus últimos traballos :  Xesús Alonso Montero :unha antoloxía da produción lírica desde 1963 ata 2016. Antía Otero : O cuarto das abellas é unha abellariza de palabras, unha estructura pechada e inquietante, na que a autora adéntrase na linguaxe e comparte có lector os seus fermosos versos. Fran Alonso : na Terraza dun bar un home contempla a vida e o paso do tempo e escribe poemas mentras toma un café. 

Novidades no catálogo : narrativa en galego para adultos

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais.  A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión. Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, a novela apóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e nunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo, colocándonos contra as cordas á hora de percibir o que é e non é pertinente dentro das convencións sociais, e poñendo en valor as persoas que traballan con colectivos con síndrome de down.  (Recensión  da  editorial Xerais ) Aníbal e a Pintora

Mañá na biblioteca :LETRAS E MÚSICA

Programa : Alumnos /as de música e movemento : O MERLO Nenos e nenas das Merendas con contos  : Coñecemos a Carlos Casares : BIOGRAFÍA  do autor homenaxeado nestas Letras Galegas 2017.  Coro Berea : Compañeira, de Fuxan os ventos  Foliada de Nadela, de Fuxan os ventos Quixera ser paxariño, de Lois Antón/ Anselmo Iglesias Do mar pola orela, de Curros Enríquez / Luis Emilio Batallán Merendas con contos : Contos de Carlos Casares :  Lolo anda en bicicleta O can rin e o lobo Crispín A galiña azul Coro Berea e coro Infantil da EEMS : Aleluia, Leonard Cohen/Ruth G.G. Teu nome por mar e terra , Guadi Galego/Xavier Díaz A saia da Carolina, tradicional galega. Entrega de premios do  CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL                                                         LETRAS GALEGAS 2017 VENRES 19 de  MAIO ás 18:00 h. Certame de debuxo infantil LETRAS GALEGAS 2017 :  O MUNDO QUE QUEREMOS

Palmeras en la nieve, de Luz Gabás

O   club de lectura  Pintor de Castinande   rematou a lectura desta novela ambientada na coñecida como Guinea española, que foi colonia ata o ano 1968.   Interesante proposta a desta autora  grazas a que entramos na historia do noso pasado colonial máis recente.   Sinopse  : É 1953 e Kilian abandona a neve da montaña oscense para iniciar xunto ao seu irmán, Jacobo, a viaxe de ida cara a unha terra descoñecida, afastada e exótica, a illa de Fernando Poo. Nas entrañas deste territorio exuberante e sedutor, espéralle o seu pai, un veterano da leira Sampaka, o lugar onde se cultiva e tosta un dos mellores cacaos do mundo. Nesa terra eternamente verde, cálida e voluptuosa, os novos irmáns descobren a lixeireza da vida social da colonia en comparación cunha España encorsetada e gris; comparten o duro traballo necesario para conseguir o cacao perfecto da leira Sampaka; aprenden as diferenzas e similitudes culturais entre coloniais e autóctonos; e coñecen o significado da amizad

Mañá na biblioteca : LOLO ANDA EN BICICLETA con Playcomic

Maio o mes da Letras

Comeza o mes de maio na biblioteca de Sober, o MES DAS LETRAS GALEGAS. Coa    contadora CRIS DE CALDAS coñecemos moitas das historias creadas por CARLOS CASARES : A galiña azul, 1968. As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, obra teatral, 1973. O can Rin e o lobo Crispín, 1983 Este é Toribio, 1991 O galo de Antioquía, 1994 Lolo anda en bicicleta, 1996 Un polbo xigante, 2000           Coa lectura de  todos estes contos podemos disfrutar na biblioteca  e tamén na nosas casas.  CARLOS CASARES LETRAS GALEGAS 2017

Mañá na biblioteca :Contacontos con CRIS DE CALDAS

Novidades no catálogo : narrativa en castelán

Dúas historias de JAVIER MORO         Han Kang é unha escritora nada en Gwangju, Corea do Sur (1970), que brinda coa vexetariana unha novela perturbadora e amarga sobre a época contemporánea.