Ir al contenido principal

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

A BPM de Sober participa no certame ANDERSEN HOXE


O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL para conmemorar o nacemento de HANS CHRISTIAN ANDERSEN.

Como todos os anos, a OEPLI  e a súa sección galega,  GÁLIX :  Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1989 se move por visibilizar e promover a cultura e a lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil, quere celebrar ese día e convoca unha serie de actividades para difundir a literatura infantil. 

Os nenos e as nenas do CEIP VIRXE DO CARME DE SOBER realizaron unhas fermosas interpretacións dos contos de ANDERSEN







Grazas á colaboración entre biblioteca pública e biblioteca escolar os nenos do colexio de Sober  celebran o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL con estes debuxos que participan no certame  convocado por Gálix.

MOITA SORTE NO CERTAME E GRAZAS  A TODOS




"El soldadito de plomo " , pola contacontos Beatriz Montero 




Exposición dos contos de H.C. Andersen










Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.