Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

A promoción da lectura no DÍA DO LIBRO

A  tarde do venres 21 de abril a biblioteca do Concello de Sober acolleu as actividades programadas para celebrar o DÍA DO LIBRO 2017. BookCrossing  : liberamos libros no parque infantil de Sober.   A volta ao mundo en 80 libros : nun  mapamundi fomos colocando etiquetas con títulos de libros e autores dos países por onde transcurre a ruta ideada por Jules Verne no seu libro " A volta ao mundo en oitenta días" . Grazas a   Phileas Fogg , cabaleiro inglés protagonista desta aventura, coñecemos moitos países, os seu monumentos, bandeiras , medios de transporte da época e sobre todo aos escritores máis representativos dos lugares  polos que Fogg, Passepartout ,  Fix e Aouda viaxan durante   80 días  : LONDRES, PARÍS, BRINDISI, SUEZ, BOMBAY, CALCUTA, HONG-KONG, XAPÓN, SAN FRANCISCO, NOVA YORK  e xa de volta para Inglaterra.  Neste panel están as lecturas preferidas dos usuarios da biblioteca e tamén de todas as persoas do concello de Sober que quixero

Programación para celebrar o DÍA DO LIBRO

JULES VERNE : preparando o DÍA DO LIBRO : Novidades no catálogo

Engadir título En ABRIL , MES DOS LIBROS  , na biblioteca de Sober achegámonos á figura  do  escritor francés JULES VERNE : 8 de febreiro de 1828,   Nantes  /  24 de marzo de 1905, Amiens (77 anos). TODOS ESTES TÍTULOS, están dispoñibles na biblioteca para pasar un bo rato, coa lectura dunhas historias nas que descubrimos o universo deste autor :  viaxar á lúa nun foguete descender ao máis profundo da terra capitanear dun modo arrebatado o Nautilus AS VIAXES FANTÁSTICAS DE JULES VERNE NUNCA SE ESQUECEN

XXXVII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

CL-LA MENNULARA, de Simonetta Agnello Hornby

O club de lectura Pintor de Castinande rematou de ler unha historia que ten lugar na Italia rural e que está escrita pola siciliana Simonetta Agnello Hornby : O 23 de setiembre de 1963 , no pobo siciliano  de Roccacolomba , falece a Mennulara , asi chamada por ser na súa nenez unha fermosa recolledora de améndoas .  O resto da súa vida dedicouno a servir á familia Alfallipe sendo tamén  administradora dos seus bens o que desata os chismorreos entre os veciños : criticada por uns e venerada por outros, a súa personalidade non pasou inadvertida.  Pouco a pouco, o lector vai  atando cabos para así descubrir a vida, a personalidade e as motivacións dunha muller forte e intelixente , que soubo sobrepoñerse a unha existencia dura e desdichada e quixo servir con fidelidade a unha familia que xamais soubo valorar a súa entrega e o seu agarimo.  A autora :  Simonetta Agnello Hornby naceu en Palermo (Sicilia) en 1945. Pertence a unha familia da pequena aristocracia siciliana

ABRIL MES DOS LIBROS

Ilustrado por  Mikhaïl Fedorov Comeza o mes de abril coa celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL , recordando a  H. C. ANDERSEN DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2017 : Medremos co libro! Escrito por   Sergey Makhotin Traducido por   Sabela González Panizo Cando era moi neno gustaba de construír casas con bloques e con xoguetes de todo tipo. No canto do tellado, decotío empregaba un libro infantil ilustrado. Nos meus soños, agatuñaba ao interior da casa, deitábame na cama feita cunha caixa de mistos e ollaba para as nubes ou o ceo estrelado. Dependía da ilustración que máis me gustase. De maneira intuitiva, seguín a norma vital de cada neno, que procura crearse un medio cómodo e seguro; e un libro infantil de certo axudaba a conseguilo. Logo medrei, aprendín a ler, e un libro na miña imaxinación comezou a parecer máis unha bolboreta, ou mesmo un paxaro, ca o tellado dunha casa. As páxinas do libro semellaban as ás e crepitaban. Parecía que o libro qu

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

A BPM de Sober participa no certame ANDERSEN HOXE O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL  para conmemorar o nacemento de HANS CHRISTIAN ANDERSEN . Como todos os anos, a OEPLI  e a súa sección galega,   GÁLIX :   Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1989 se move por   visibilizar e promover  a cultura e a lingua galegas a través da   literatura infantil e xuvenil, quere celebrar ese día e convoca unha serie de actividades para difundir a literatura infantil.  Os nenos e as nenas do  CEIP VIRXE DO CARME DE SOBER   realizaron unhas fermosas interpretacións dos contos de ANDERSEN :  Grazas á colaboración entre biblioteca pública e biblioteca escolar os  nenos do colexio de Sober  celebran o   DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL  con estes debuxos que participan no certame  convocado por Gálix . MOITA SORTE NO CERTAME E GRAZAS  A TO

Merendas con contos no mes do Amandi

O venres 31 de marzo entregáronse os premios do III CERTAME DE DEBUXO INFANTIL DA  XXXVII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI. Participaron  escolares dos CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e os alumnos   do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober . O Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián , fixo entrega do premio á gañadora CANDELA ENRÍQUEZ BUJÁN , alumna de primeiro de primaria do CEIP Monte Baliño, que có seu debuxo nun adhesivo  promocionará a feira do viño deste ano. Xa pola tarde, os nenos e as nenas das Merendas con contos participaron nun obradoiro dirixido por Alia Pérez Álvarez , técnica de viticultura do Concello de Sober, que falou cós rapaces sobre o cultivo da vide  e tamén  poideron degustar o zume das uvas esmagadas á maneira tradicional. A biblioteca de Sober remata o mes de marzo con estas actividades coas que quere colaborar na difusión da Feira do viño de Amandi que se celebra este ano 2017 os días  8 e 9 de abril.