Ir al contenido principal

8 DE MARZO : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



No DÍA DA MULLER, hoxe 8 de marzo, entregouse en Monforte o terceiro volume da serie Mulleres de Lemos, adicado este ano a Lola de Penelas, cacharreira de Gundivós, Sober.

Este conto , que xa podemos ler na biblioteca pública, foi feito por Paula Vázquez Verao e os debuxos son orixinais dos nenos e as nenas dos colexios de  Terra de  Lemos. 

Con esta edición remata a homenaxe que o Colectivo Lemos Le en colaboración co CIM de Monforte , lle adicou á lembranza de Lola, muller representativa de todas as mulleres traballadoras da nosa comarca.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.