Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2017

Novidades na biblioteca de Sober

Novidades no fondo infantil-xuvenil

Este conto achega aos nenos  a historia de Alonso Quijano , narrando a súa infancia, cómo era a súa escola, onde vivía...  Recreación da nenez do personaxe creado por Miguel  de Cervantes,  Para ler e disfrutar toda a familia,en préstamo  xa na biblioteca  😊 Trátase dunha recopilación de relatos inquietantes.   Para os amantes dos contos fantásticos.

CL-Tú no eres como otras madres, de Angelika Schrobsdorff

O club de lectura da biblioteca comezou o ano 2017 coa lectura de TÚ NO ERES COMO OTRAS MADRES .  Esta é a historia de Else Kirschner, xudía alemá nada en Berlín  a comezos do pasado século.  Trátase dunha  biografía que está escrita pola súa filla pequena Angelika Schrobsdorff. Dende que comeza a novela dámonos conta de que Else é unha muller singular e que destaca dende meniña na sociedade na que se desenvolve. Son os "felices anos 20 "do século pasado, e Berlín é unha cidade chea de liberdades ;  as vangardas artísticas atraen a esta muller que levará unha existencia fóra das normas e barreiras propias da sociedade que a rodea. O futuro chega sen darse conta  tanto para Else coma para as persoas que a rodean. Sufrirán, coma tantos outros, os horrores do holocausto e a Segunda Guerra mundial.  A autora  Angelika Schrobsdorff , nace o 24 de decembro de 1927, en Friburgo, Alemania, e faleceu o 31 de xullo de 2016 en Berlín aos 88 anos de idade. Fo

Merendas con Contos en febreiro