Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017

Exposición de debuxos : VENME CON CONTOS

Ata mediados do mes de febereiro teremos a opurtunidade de disfrutar  na biblioteca de Sober , dos debuxos realizados por ESTEFANÍA PADULLÉS   baixo o título :  " VENME CON CONTOS   " Está  composta por unha ducia de obras, ilustracións en acrílico e lapiz de color sobre fábulas e contos tradicionais entre os que se atopan :  A CARAPUCHIÑA VERMELLA ALADINO AS FABAS MÁXICAS A CINCENTA O GATO E O CASCABEL

Novidades na biblioteca para mozos

NOVIDADES NO CATÁLOGO

UN ESTUPENDO LIBRO PARA OS CATIVOS DA CASA     Pode contarse un conto só con formas e cores ?  Como comenta a propia editora  : Laura Gamero e Manu Canellón presentan nesta obra uno dos medos infantís máis habituais, a existencia dun MONSTRO que habita un recuncho escondido da casa, e a forma perfecta de enfrontarse a el. PILONGA E AMANITO : UNHA HISTORIA DE OUTONO    conto de DANI VIÉITEZ E IRIA IGLESIAS, veciños de Pantón , que elaboraron a historia, ilustraron e tamén editaron este precioso conto sobre seres fantásticos, e que tamén nos fala das estacións do ano e as setas. 

Mañá na biblioteca : PILONGA E AMANITO, contacontos e obradoiro

O VENRES 27 DE XANEIRO ÁS 18:00 h.   na BIBLIOTECA DE SOBER CONTACONTOS E OBRADOIRO có libro PILONGA E AMANITO, cós autores  DANI VIÉITEZ E IRIA IGLESIAS   de Estudio Gnomo Con esta actividade rematamos, no mes de xaneiro, o  Programa de animación á lectura Merendas con contos "

Mañá na biblioteca : ESTEFANIA PADULLÉS. Contacontos e obradoiro

VENRES, 20 DE XANEIRO ÁS 18:00h MERENDAS CON CONTOS Biblioteca de Sober

Novidades para adultos

Novidades para mozos

Novidades para os nenos

Mañá na Biblioteca : RETABLOS DA RIBEIRA SACRA

PRESENTACIÓN DO TRABALLO FEITO POR :  SALETA LÓPEZ VÁZQUEZ Mércores , 18 de xaneiro ás 19:00h . Club de lectura Pintor de Castinande BPM de Sober

Novidades no fondo infantil

Este libro trata de:  Álbums, Monstros , Travesuras, Aniversarios Os libros infantís de John J. Reiss convertéronse en obras de referencia para varias xeracións de nenos a partir da década de 1970.  Nova edición do libro C O R E S  que se presenta por primeira vez en edición bilingüe castelán /inglés. "A azotea da miña casa é o mellor lugar do mundo. E aínda que ás veces ocorren cousas inesperadas, sempre quero volver". Seleccionado entre as mellores novidades editoriais 2016 na XXXII Mostra do Libro Infantil e Xuvenil. Un precioso álbum ilustrado polo recoñecido artista Emilio Urberuaga , que se mergulla nas augas turbulentas da adopción, as calma e as enche de risas e cor.  Resultará de gran axuda para as familias nesta situación e tamén para explicar aos fillos biolóxicos que significa desexar moito un fillo, veña de onde veña.

LECTURA EN XANEIRO

PROGRAMACIÓN E ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA : XANEIRO 2017 CLUB DE LECTURA PINTOR DE CASTINANDE :  OS MÉRCORES ÁS 19:00h.

CERTAMES DE NADAL

O día 4 de xaneiro entregánronse os premios aos gañadores  no Certame de postais  e de Beléns convocados neste nadal.  Os gañadores no certame de postais foron :  1º premio EVA ZABALETA CAMESELLE 2º premio LAURA GÓMEZ GRANDE 3º premio CARLOTA FERNÁNDEZ SAÁ Recibiron tamén un agasallo pola súa participación os nenos e nenas do  CEIP Plurilingüe Virxe do Carme ademáis dos nenos do P.A.I. do Concello de Sober. Os gañadores dos beléns foron :  1º premio : PILAR PÉREZ CUERVA 2º premio : PARROQUIA DE CANAVAL 3º premio : RESIDENCIA DE MAIORES DE SOBER Todos os gañadores posan cós seus agasallos  entregados polo alcalde de Sober, Luís Fdez. Guitián. Neste mesmo día tivemos ocasión de escoitar fermosas panxoliñas e cantos de reis interpretados polo grupo O TRÍCOLE. Rematamos esta tarde coas actividades do nadal 2016. GRAZAS  a todos pola vosa participación e NORABOA  por esos fermosos beléns e post

El niño en la cima de la montaña, de John Boyne

París, 1935. O primeiros sete anos da vida de Pierrot, de pai alemán e nai francesa, están marcados polo candor dunha infancia non moi distinta da de calquera outro neno. Pero  do mesmo xeito que para millóns de persoas, a guerra cambiarao todo. Tras a morte prematura dos  seus pais, Pierrot ten que abandonar París e separarse do seu íntimo amigo Anshel, un neno  xudeu da súa mesma idade. Deberá viaxar só ata Alemaña para vivir coa súa tía Beatrix na  misteriosa casa na que está empregada. E non se trata dunha casa calquera, senón do Berghof, a enorme residencia que Adolf Hitler ten no alto dunha montaña nos Alpes de Baviera. Ata a súa chegada a Alemaña, o pequeno Pierrot —que agora se chama Pieter— non sabía nada  acerca dos nazis. Agora, acollido na contorna íntima do todopoderoso Führer, verase  envolvido nun mundo tan extrañamente sedutor como perigoso, no que non haberá lugar para  a inocencia. Ao final da guerra, Pieter logrará regresar a París en busca de algo que lle permit

Mañá na biblioteca : CANTAMOS OS REISES

Mañá, 4 de xaneiro ás 17:30 temos unha edición especial de Merendas con contos  Acompañaranos o Grupo músical e coral O TRÍCOLE ,   que interpretarán unha selección de cantos de reis e panxoliñas. Entregaremos os premios dos certames convocados neste nadal : postais, poesías e beléns.  Tomaremos un chocolate con churros para rematar a xornada.  MERENDAS CON CONTOS NO NADAL ÁS 17:30 NA BIBLIOTECA DO CONCELLO DE SOBER