Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2016

Mañá na biblioteca : Os nosos cruceiros

FERNADO ARRIBAS ARIAS , Doutor pola USC , actualmente presidente da Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de pedra e Petos de ánimas , estará na biblioteca de Sober o mércores 30 de novembro , ás 19h , compartindo os seus coñecementos cós membros do Club de lectura Pintor de Castinande .  Esta actividade faise en colaboración  coa  Asociación cultural O Colado do Vento.

CL-A flor de piel, de Javier Moro

   No mes de novembro, que estamos case rematando, o Club de Lectura da biblioteca de Sober tivo a oportunidade de coñecer a historia de cómo se proxectou e levou a cabo unha gran proeza sanitaria, a erradicación dunha das enfermidades que se cobrou un  maior numero de vítimas, a viruela .  A idea parte dun home dotado dunha excepcional intuición, forte personalidade e unha desmedida ambición de gloria, Francisco Xavier Balmis . Carlos IV outorgaralle a súa axuda e suxírelle como axudante a outro médico ben dotado de coñecementos, o Dr. Josep Salvany . A eles uniranse enfermeiros e practicantes e o máis importante de todo, os portadores do fluído da vacina, un grupo de nenos que irán a cargo dunha muller,   ISABEL ZENDAL , reitora da inclusa de A Coruña, que se embarca nesta aventura denominada  Real expedición filantrópica da vacina , có fin de mellorar a súa condición social. Isabel Zendal en la Expedición filantrópica de la vacuna.  O autor :  Javi

Mañá na biblioteca : obradoiro de teatro de sombras

O  grupo de títeres A Xanela do Maxín é o encargado de facer un obradoiro coa obra de  CASTELAO en teatro de sombras . mañá na biblioteca ás 18:00h . MERENDAS CON CONTOS 

Novidades infantís : os OSOS de Sendak

Serie protagonizada por unha entrañable familia de osos .  Son pequenos relatos  ilustrados por   MAURICE SENDAK   có seu estilo característico, a modo de gravados antigos.

Novidades no fondo de adultos

Novas incorporacións ao catálogo da biblioteca.  Diversas temáticas agardan polos lectores de Sober.

Novidades no fondo infantil

Premios María Moliner 2016

Con data do 2 de novembro falláronse en Madrid os  premios ‘María Moliner’ de animación á lectura , na súa decimosétima edición  que convoca anualmente o  Ministerio de Cultura y Deporte  en colaboración coa  Federación Española de Municipios y Provincias  e a  Fundación Coca- Cola España .    Estes premios recoñecen os mellores proxectos de animación á lectura desenvolvidos polas bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes  de toda España . De entre os  300 proxectos seleccionados a nivel nacional , foron recoñecidos os presentados por  22 bibliotecas galegas , entre as cales se atopa  O PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2016 da biblioteca de Sober. GRAZAS A TODOS OS QUE FACEDES POSIBLE ESTE PROGRAMA :   GRAZAS AOS   NENOS E  AS NENAS QUE ASISTEN ÁS ACTIVIDADES DAS MERENDAS CON CONTOS , IMOS XA POLA QUINTA TEMPADA.  ÁS FAMILIAS QUE OS ACOMPAÑAN.    E TAMÉN MOITAS GRAZAS AOS INTEGRANTES DO CLUB DE LECTURA PINTOR DE CASTINANDE POR ESTAR AÍ DENDE HAI X