Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2016

Banda deseñada : novidades

Unha historia de vinganza, escrita e ilustrada por Miguelanxo Prado ( Papeis dispersos , Ardalén, Tangencias ), que vira ao redor de dous temas que resoan a diario na prensa: os desafiuzamentos e a corrupción. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Nesta ocasión, os nosos heroes, Astérix e Obélix , deben liberar o druída Panorámix que foi secuestrado polos godos para conseguir a poción máxica. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Neste núm

Cl Pintor de Castinande : nova tempada

Novidades para adultos : autores galegos

Setembro é un mes estupendo para  elexir unha lectura entre as novas publicacións dos autores galegos que están na biblioteca listas para o préstamo.

Cl Pintor de Castinande

O Club de Lectura  da Biblioteca de Sober comeza unha nova tempada, e xa son nove, o día 21 de setembro . Reunímonos todos os mércores ás 7 da tarde .  A nosa primeira lectura :   "Una pasión rusa"                                            de Reyes Monforte. O cl é unha actividade máis que ofrece a biblioteca cun obxectivo fundamental que é o fomento da lectura , que xunto coas presentacións de libros , recitais, exposicións de libros  ou lecturas literarias, están destinadas a un público adulto . 

No fondo infantil : Ola-adeus : libro interactivo. Novidades

Unha cousa e a súa contraria atópanse en cada imaxe. Para ver aparecer a noite e despois o día , o verán e despois o inverno , só é preciso ollar a imaxe, unha vez a través do filtro azul e outra vez a través do filtro vermello .   Tendo como modelo unha balea , gran cetáceo, os enxeñeiros  FERNÁNDEZ &GONZÁLEZ  deseñaron un novo sistema residencial e de transporte marítimo, grande artefacto - libro   que xa temos na biblioteca. 

Novidades no fondo infantil

Efemérides

  EDUARDO GALEANO   (Montevideo, 3 de setembro de 1940-13 de abril de 2015) Na biblioteca de Sober podemos disfrutar  dunha destas historias , :