Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2016

BIBLIOPISCINA

HORARIO DE VERÁN

Recordarvos que a partires de mañá e durante os meses de  Xullo e Agosto  o horario da biblioteca será:  de luns a venres   de 9:00 a 14:00h .

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

MAÑÁ NA BIBLIOTECA

PRESENTACIÓN DO LIBRO :  CONVERSAS CON MANUEL MARÍA  de  XOSÉ MANUEL DEL CAÑO na Biblioteca ás 19:00h. En palabras do propio autor :  "un libro que nos achega en primeira persoa a voz do poeta da Terra Chá, o paso pola súa infancia e a chegada á madurez, as reflexións que o propio autor fai sobre a súa obra e sobre a súa época, desde o punto de vista social, cultural e tamén político”. A voz de Manuel María tamén se incorpora a esta  edición a través dun CD no que o autor fala en cinco cortes das viaxes, de Uxío Novoneya, de Saleta, de Bernardino Graña e da Nova Canción Galega. A música completa o disco coas pezas “Cantiga de cego de Manuel María”, de Xosé Lois Foxo interpretada pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense; “O meu idioma”, de María Manuela, “O cuco”, de Suso Vaamonde, “O mar enrola na area”, de María do Ceo, e “O Camaleón” de Vicente Araguas.

CL-LA ANALFABETA, de Agota Kristof

  Un relato autobiográfic o é o subtítulo de La analfabeta.   Aquí a escritora conta sen adornos a súa propia historia en oitenta páxinas. Son once capítulos para once momentos da súa intensa vida. Dunha infancia feliz á pobreza despois da guerra, pasando polos anos de soidade no internado, a morte de Stalin , a lingua materna e as linguas inimigas como o alemán e o ruso, a huída a Austria e a chegada a Lausanne co seu bebé. As palabras de Agota Kristof nunca son tristes, son xustas e precisas. Entrevista con   Agota Kristof Agota Kristof  naceu o 30 de  outubro de 1935 na cidade húngara de  Cskvánd . Con 21 anos de idade abandona o seu país no momento en que a  revolución húngara  de 1956 foi aplastada polas tropas do  Pacto de Varsovia . Ela có seu marido e a súa filla de 4 meses escaparon  a  Neuchatel  en Suiza.  Despois de  cinco anos de exilio e soidade , traballando nunha fábrica, deixa o traballo e sepárase

MAÑÁ NA BIBLIOTECA

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS

O alcalde de Sober  Luís Fernández Guitián f ixo entrega dos premios aos gañadores do Certame das Letras Galegas 2016  Os premios outorgados polo xurado  foron os seguintes:   CATEGORÍA A (ata 8 anos) 1º Xosé Senén Hernández Rodríguez 2º Laura Gómez Grande 3º Pablo Pérez Freire CATEGORÍA B (de 9 a 11 anos) 1º Herbert Trail Bates 2º Loïc Carvalho Rogao 3º Héctor Fernández González CATEGORÍA C ( a partir de 12 anos) 1º José Manuel Fernández 2º Lisbeth Sánchez Díaz 3º Marco Martínez Rodríguez NORABOA A TODOS OS PREMIADOS