Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2016

AS NOSAS LETRAS no mes de maio

No mes de maio, que chamamos mes das letras e celebramos a  festa do idioma , homenaxeamos a MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO , escritor vinculado á Ribeira Sacra durante unha longa etapa da súa vida. Casa museo Manuel María O día 6 coñecemos un pouco máis ao POETA DO MIÑO , grazas a presentación que fixeron có seu  libro o colectivo  Polo Correo do Vento .   A Música e  a Literatura foron as protagonistas dun concerto dos alumnos da Escola Municipal de Música de Sober ,  xunto coa Coral  de adultos e tamén infantil e os nen@s participantes nas Merendas con Contos da Biblioteca Pública :   Música , canto  e lectura dos versos de  " SOÑOS NA GAIOLA " . O Club de Lectura Pintor de Castinande participa tamén nas actividades programadas dende o Concello de Sober :  cun encontro con Xose Lois García que presentou o seu estudio :  MANUEL MARÍA Reencontrado. Os integrantes

CL-LA BODA DE CHON RECALDE, de Gonzalo Torrente Ballester

Esta novela de   Gonzalo Torrente Ballester , é a primeira obra do escritor ferrolán que   chega ata o club de lectura da biblioteca de Sober.   Publicada en 1995  A voda de Chon Recalde é unha das últimas novelas de Gonzalo Torrente Ballester e, quizá por iso, é unha mostra da sabedoría narrativa do autor, pois por unha banda parece prometernos unha novela rosa, pero baixo esa aparencia esconde unha temática moito máis grave e profunda, como o retrato dunha sociedade anodina e trasnoitada, e sobre todo, a dignidade e o valor dunhas mozas na defensa das súas ideas a favor dunha vida máis auténtica, por encima de hipocrisías e falsos respectos humanos nos anos difíciles da posguerra, nunha cidade española de provincias.  Neste enlace atopamos  un traballo sobre a novela, feito por alumnos  do IES Catabois de Ferrol. O autor :  Gonzalo Torrente Ballester

Novidades no catálogo

CERTAME DAS LETRAS GALEGAS

CANTA BICHERÍA  é o tema do Certame de Narración e Debuxo Infantil convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo e no que participamos cós debuxos dos nenos e nenas de Sober. ESTE É O RESULTADO : SORTE A TODOS OS PARTICIPANTES NA CONVOCATORIA PROVINCIAL¡¡¡

A POESÍA DE MANUEL MARÍA

Dentro das actividades programadas polo Concello de Sober para celebrar  as  Letras  Galegas deste ano ,os integrantes do  CL Pintor de Castinande   p articiparon na lectura de poemas de Manuel María , que foron gravados na emisora de  Onda Cero en Monforte de Lemos.  Neste vídeo podemos escoitar unha selección de textos do autor homenaxeado :  están  algún dos Sonetos á Casa de Hortas , A pandeirada de Amandi e o soneto adicado á Banda de música de Sober, entre outros.

MANUEL MARÍA na Ribeira Sacra, con Xosé Lois García

  H oxe ás 19:00 horas na Biblioteca analizaremos con Xosé Lois García  a relación de MANUEL MARÍA  coa Ribeira Sacra .

MANUEL MARÍA : MÚSICA E LITERATURA

La Voz de Galicia, edición Lemos 13/05/2016

MAIO, MES DAS LETRAS

NESTE MES DE MAIO HOMENAXEAMOS A :  MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO ,  LETRAS GALEGAS 2016 ,  ESCRITOR VINCULADO Á RIBEIRA SACRA  DURANTE UNHA LONGA ETAPA  DA SÚA VIDA. COMEZAMOS O DÍA 6 CUNHA ACTIVIDADE QUE PERTENCE Ó  PROGRAMA DA ANIMACIÓN Á LECTURA LER CONTA MOITO,  Unha  colaboración entre Xunta de Galicia e o concello de Sober  dirixido a un público familiar.  O  DÍA 13 DE MAIO ÁS 18:00 h. a  BIBLIOTECA EN COLABORACIÓN COA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA ORGANIZA UN CONCERTO COA MÚSICA E A LITERATURA  COMO PROTAGONISTAS :                                     MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO