Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2016

O GRAN XOGO DAS LETRAS GALEGAS

As piscinas municipais acolleron a tarde do 28 de xullo  o Gran Xogo das Letras Galegas , unha actividade para nenos e nenas a partir de seis anos organizada polo Programa de Animación á lectura  Ler conta moito  para  a Rede de Bibliotecas de Galicia , que foi realizada polo grupo Eduvía (Vías para a Educación ).   A través deste divertido xogo por equipos, os participantes coñeceron algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas , así como dos autores homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubriron interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María .

MAÑÁ NA PISCINA

Na piscina municipal  XOVES  28 DE XULLO  ás 18:00 h.   Para nenos e nenas  a partir  de 6 anos A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas , así como dos autores homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María .

Marabilloso Machado

Hoxe, 26 de xullo, nacía  ANTONIO MACHADO , poeta, dramaturgo e narrador español, poeta emblemático da xeración do 98. http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentales-en-el-archivo-de-rtve/biografia-antonio-machado/2395130/ Recordamos a súa poesía e disfrutamos escoitándoa na voz de Joan Manuel  Serrat :  Retrato https://www.youtube.com/watch?v=99yZBt85aP4&index=2&list=PL877732FC4E028FFC

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Unha pequena homenaxe a   AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ O escritor faleceu o martes 12 de xullo aos 69 anos de idade. Posiblemente, o autor galego máis lido e traducido, déixanos obras dirixidas ao público xuvenil, ademais de tres novelas e unha traxectoria de colaboración con múltiples iniciativas sociais . http://praza.gal/cultura/12228/morre-agustin-fernandez-paz-agarimo-das-letras-galegas/ http://www.farodevigo.es/cultura/2016/07/12/fallece-escritor-agustin-fernandez-paz/1497047.html http://blog.xerais.gal/destacados/faleceu-agustin-fernandez-paz/ http://www.eldiario.es/galicia/Fallece-Agustin-Fernandez-Paz-sentimiento_0_536496599.html

Novidades de xullo

Novos títulos no fondo infantil da biblioteca que chegan grazas a   ANA SANTISO    autora dos debuxos e tamén do texto dun destes contos.   NANDO VAZQUEZ  : "Veintitrés rechazos, tres entradillas” no es un libro de poesía ilustrado, sino un libro-objeto en el que la obra plástica y la obra poética se conjugan para conformar un todo "