Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

CANTARES GALLEGOS, de ROSALÍA DE CASTRO

Obradoiros na biblioteca no mes de febreiro , agasallando a escritora Rosalía de Castro "Por darlle contento, por darlle consolo, trocando en sonrisas queixiñas e choros." Lecturas do  libro : Rosalía pequeniña , libro-disco de Uxía con poemas de Rosalía . "¡Canta, paxariño alegre,              canta! Canta por que o millo medre. ¡Canta! Canta por que a luz te escoite. ¡Canta! Canta que fuxeu a noite.

Parabéns ROSALÍA

 NO 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, a biblioteca de Sober agasalla a esta escritora cun vídeo realizado polos nenos e nenas usuarios desta biblioteca. 

CL-La república de los sueños, de Nélida Piñón

  O Club de lectura da biblioteca comeza o ano 2016 coa novela :  La república de los sueños de   Nélida Piñon. Escritora e xornalista brasileira nada en Rio de Janeiro no ano 1937. A súa fascinación pola palabra tanto escrita como oral remóntase desde a súa infancia influída polos seus devanceiros celtas, galegos e brasileiros. Os seus avós eran galegos, de Cotobade (Pontevedra) e nesta novela "A república dos Sonhos"  aparece reflexada unha parte da historia da   emigración galega . É licenciada en Filosofía da Universidade de Columbia e é profesora da Universidade de Miami. Ten unha vasta obra literaria. En 1995 recibe o prestixioso premio Juan Rulfo. Logo foi presidenta da Academia Brasileira de Letras (ABL) entre 1996-1997, sendo a primeira vez que unha muller presidía unha academia literaria en todo o mundo.  No ano 2003 recibe o premio Menéndez Pelayo. No 2004, a Universidade de Oklahoma outórgalle o premio Puterbaugh e no 2005 recibe o premio

Novidades adultos: BIOGRAFÍAS

MAÑÁ NA BIBLIOTECA : LEMOS , DEBUXAMOS E CANTAMOS CON ROSALÍA

Os venres 19 e 26 de febreiro , os nenos e as nenas que acudan á biblioteca celebrarán o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO ( 24 de febreiro ) con obradoiros de debuxo e lectura da súa obra. Merendas con contos , ás 17:30 na Biblioteca de Sobe r.

Merendas con contos en febreiro

Actividades das MERENDAS CON CONTOS   no mes de febreiro : VENRES 21 : DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA O 21 de febreiro foi declarado pola Unesco como o día no que se conmemora a riqueza da diversidade lingüística e cultural do planeta: Faremos un obradoiro adicado ás Linguas do Mundo . Lectura de "Cando eu saiba ler" de Yolanda Castaño con ilustracións de Xosé Tomás, ; ed. Galaxia. O Servizo de Normalización lingüística da Universidade de Santiago realizou un traballo sobre a lingua galega que nos permite compartir e que vos mostramos  a continuación : VENRES 20 e 26 : ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO O 24 de febreiro  é o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO:    Unímonos á proposta da Asociación de Escritores de Lingua Galega  ( AELG) coa elaboración dunha postal cun debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. O día 24 farase o envío destas postais.   Faremos un cartel có verso TROCANDO