Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2016

Feliz 2017

Novidades infantís

¡CALVIN, TEN CUÍDADO : EL PÁJARO RATÓN DE BIBLIOTECA NECESITA GAFAS De JENNIFER BERNE e ilustrado por KEITH BENDIS Takatuka/Virus editorial OSO Y MARMOTA SE ENCUENTRAN CADA TARDE. JUEGAN A LOS DARDOS Y A ENCONTRAR TESOROS ESCONDIDOS. ASÍ COMEZA ESTE FERMOSO CONTO QUE NOS FALA DA AMIZADE. A MINIMONI LE ENCANTA PINTAR MIL COSAS DE COLORES...PERO NUNCA HA PINTADO UN BESO. ¿ CÓMO PODRÍA AVERIGUAR DE QUÉ COLOR ES UN BESO?

Novidades para mozos

Novidades adultos

NARRATIVA BANDA DESEÑADA

MERENDAS CON CONTOS no NADAL

A BIBLIOTECA FELICITA AS FESTAS DE NADAL

CL-Cando todo cambiou, de Donna Milner

 A última lectura do noso club neste ano foi un libro da escritora canadiense Donna Milner,   sobre as relacións familiares, os segredos e as reflexións da vida :  Cando Natalie Ward recibe a noticia da enfermidade terminal da súa nai Nettie, non dubida en regresar ao seu pobo natal, na pequena localidade canadense de Atwood, tras máis de trinta anos de ausencia. Na longa viaxe de autobús que emprende desde Vancouver, rememora o seu idílica infancia e os acontecementos que en 1968 cambiáronlle a vida, e a da súa familia.  Entón ela vivía na granxa familiar cos seus pais e os seus irmáns homes. Pero un caloroso día de xullo, ao entrar o mozo River por primeira vez no seu xardín, comprendeu que todo cambiaría. River, que representaba un mundo libre de conservadurismos oposto ao que vivira ata entón, entrou a traballar na granxa e gañouse en pouco tempo o agarimo da familia e especialmente a admiración de Natalie. Pero, a partir dese momento, tamén se empezou a cambalear

ACTIVIDADES PARA O NADAL.

Mañá na biblioteca : Cae una Estrella

Con diseño e textos de LUCÍA VÁZQUEZ MARTÍNEZ e ilustrado por, ALEC BUTCHER. En palabras da propia autora pode ser :  "Un cuento para oler Un cuento para sentir  Un cuento para sonreir Un cuento para ser"

Certame de poesía e postais Nadal 2016

Un ano máis, e en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo , a BPM de Sober Convoca :    Certame de Poesía  e Postais   "Nadal 2016" ➤Nel poden participar todos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, con poemas do tema xenérico "O Nadal".  ➤Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición, e os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. O tamaño e os materiais empregados nas postais son de libre elección. Haberá 3 categorías: A- nenos ata 8 anos B- nenos de 9 a 11 anos C - rapaces de 12 a 16 anos O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro  16 de decembro , debendo estar entregados na Biblioteca . Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cadanseu diploma e lote de libros.  Os traballos premiados no certame de poesía  nesta Fase Local

Merendas con contos en decembro

PROGRAMACIÓN da primeira quincena de decembro

Mañá na biblioteca : Os nosos cruceiros

FERNADO ARRIBAS ARIAS , Doutor pola USC , actualmente presidente da Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de pedra e Petos de ánimas , estará na biblioteca de Sober o mércores 30 de novembro , ás 19h , compartindo os seus coñecementos cós membros do Club de lectura Pintor de Castinande .  Esta actividade faise en colaboración  coa  Asociación cultural O Colado do Vento.

CL-A flor de piel, de Javier Moro

   No mes de novembro, que estamos case rematando, o Club de Lectura da biblioteca de Sober tivo a oportunidade de coñecer a historia de cómo se proxectou e levou a cabo unha gran proeza sanitaria, a erradicación dunha das enfermidades que se cobrou un  maior numero de vítimas, a viruela .  A idea parte dun home dotado dunha excepcional intuición, forte personalidade e unha desmedida ambición de gloria, Francisco Xavier Balmis . Carlos IV outorgaralle a súa axuda e suxírelle como axudante a outro médico ben dotado de coñecementos, o Dr. Josep Salvany . A eles uniranse enfermeiros e practicantes e o máis importante de todo, os portadores do fluído da vacina, un grupo de nenos que irán a cargo dunha muller,   ISABEL ZENDAL , reitora da inclusa de A Coruña, que se embarca nesta aventura denominada  Real expedición filantrópica da vacina , có fin de mellorar a súa condición social. Isabel Zendal en la Expedición filantrópica de la vacuna.  O autor :  Javi

Mañá na biblioteca : obradoiro de teatro de sombras

O  grupo de títeres A Xanela do Maxín é o encargado de facer un obradoiro coa obra de  CASTELAO en teatro de sombras . mañá na biblioteca ás 18:00h . MERENDAS CON CONTOS 

Novidades infantís : os OSOS de Sendak

Serie protagonizada por unha entrañable familia de osos .  Son pequenos relatos  ilustrados por   MAURICE SENDAK   có seu estilo característico, a modo de gravados antigos.

Novidades no fondo de adultos

Novas incorporacións ao catálogo da biblioteca.  Diversas temáticas agardan polos lectores de Sober.

Novidades no fondo infantil

Premios María Moliner 2016

Con data do 2 de novembro falláronse en Madrid os  premios ‘María Moliner’ de animación á lectura , na súa decimosétima edición  que convoca anualmente o  Ministerio de Cultura y Deporte  en colaboración coa  Federación Española de Municipios y Provincias  e a  Fundación Coca- Cola España .    Estes premios recoñecen os mellores proxectos de animación á lectura desenvolvidos polas bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes  de toda España . De entre os  300 proxectos seleccionados a nivel nacional , foron recoñecidos os presentados por  22 bibliotecas galegas , entre as cales se atopa  O PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2016 da biblioteca de Sober. GRAZAS A TODOS OS QUE FACEDES POSIBLE ESTE PROGRAMA :   GRAZAS AOS   NENOS E  AS NENAS QUE ASISTEN ÁS ACTIVIDADES DAS MERENDAS CON CONTOS , IMOS XA POLA QUINTA TEMPADA.  ÁS FAMILIAS QUE OS ACOMPAÑAN.    E TAMÉN MOITAS GRAZAS AOS INTEGRANTES DO CLUB DE LECTURA PINTOR DE CASTINANDE POR ESTAR AÍ DENDE HAI X

Mañá na biblioteca : MARIONETAS DE FÍO

Don Lirone , o showman, está preparado para presentar  ao elenco de grandes artistas Un xenial mago mentalista chamado Karalume chegado  directamente da India coa súa compañeira Papapalina. Mañá venres 28 ás 18 :00h. na Biblioteca de Sober

Una pasión rusa de Reyes Monforte

O club de lectura Pintor de Castinande inicia o mes de outubro  coa lectura de Una pasión rusa , da periodista Reyes Monforte. Nas case seicentas páxinas do libro coñecemos a historia de Lina Codina , casada có compositor Serguei Prokóviev e a través da súa vida tamén coñecemos un pouco máis da historia do século XX. Enlaces relacionados :  Lina Codina Serguei Prókoviev Reyes Monforte acusada de plaxio PEDRO E O LOBO no " Conciertazo " con Fernando Argenta.  Pedro e o lobo  é unha composición sinfónica de Serguéi Prokófiev (Op. 67) escrita en 1936. A obra de Prokófiev é unha historia para nenos, con música e texto adaptado por el, cun narrador acompañado pola orquestra.

MAÑÁ NA BIBLIOTECA : Contacontos teatral

Merendas con contos : Venres  21 de outubro   ás 17:30h. na Biblioteca de Sober  Programa de animación á lectura LER CONTA MOITO "Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño..."

Celebración do DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Amigos del libro infantil y juvenil  , co apoio do Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de todos os lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.   Cada ano se encarga a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redación do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados.  Este ano as elexidas foron dúas mulleres: Ledicia Costas, última gañadora do Premio Nacional (Escarlatina, a cociñeira defunta) e do Premio Lazarillo (Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta), e a ilustradora Elena Odriozola , tamén galardonada co Premio Nacional de Il

Banda deseñada : novidades

Unha historia de vinganza, escrita e ilustrada por Miguelanxo Prado ( Papeis dispersos , Ardalén, Tangencias ), que vira ao redor de dous temas que resoan a diario na prensa: os desafiuzamentos e a corrupción. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Nesta ocasión, os nosos heroes, Astérix e Obélix , deben liberar o druída Panorámix que foi secuestrado polos godos para conseguir a poción máxica. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...Neste núm

Cl Pintor de Castinande : nova tempada