Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

As tradicións na biblioteca

DURANTE O MES DE NOVEMBRO A BIBLIOTECA ADICOU AS TARDES DE MERENDAS CON CONTOS A DAR A COÑECER AS TRADICIÓNS MÁIS REPRESENTATIVAS DO CONCELLO DE SOBER. CONTAMOS NOS DIFERENTES OBRADOIROS COA COLABORACIÓN DE ARTESÁNS QUE AMOSARON AOS NENOS E AS NENAS AS SÚAS ARTES E TRABALLARON CON TODOS OS QUE ATA A BIBLIOTECA SE ACHEGARON .  GRAZAS  POR AXUDAR A TRANSMITIR O SEU SABER E COMPARTILO CÓS MÁIS NOVOS DO NOSO CONCELLO . GALERÍA FOTOGRÁFICA : OLERÍA MÚSICA       AS ROSCAS : No  obradoiro de elaboración de roscas os asistentes ademáis da elaboración das roscas , tamén leron e máis tarde fixeron ilustracións  do conto : O gato lambón O MAGOSTO

Mañá na biblioteca...

A olería en Sober con OTILIA ARIAS  ÁS 17:30 H. NA BIBLIOTECA DE SOBER MERENDAS CON CONTOS EN NOVEMBRO : AS TRADICIÓNS

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller : 25 de novembro

Hoxe   25 de novembro   tamén dende as bibliotecas reclamamos o final da violencia contra as mulleres  e as nenas no mundo. " PINTA UN MUNDO LARANXA "                              

CL-Orient Express, de Jhon Dos Passos

John Rodrigo Dos Passos , nace en Chicago o 14 de xaneiro de 1896 e morre en Baltimore o 28 de setembro de 1970. Foi un novelista e xornalista estadounidense, autor entre outros do libro de viaxes  Orient Express , que o club de lectura da biblioteca de Sober está a ler neste mes de novembro. Na segunda metade de 1921 o escritor americano Jhon Dos Passos  toma en París o Orient Express con destino a Oriente Medio. Dende Turquía diríxese aos Balcáns. Dende Xeorxia e Armenia descende a Persia e Iraq, e desde a súa capital,  Bagdad, percorre en trinte e nove días o deserto que se estende ata Damasco (Siria) nunha caravana de camelos da cal se converte no único pasaxeiro occidental. Aquela experiencia foise recollendo en distintos periodicos e revistas , ata que finalmente foi publicada na súa totalidade no ano 1927. Interesante dossier  sobre trens famosos realizado pola biblioteca de Cuenca : " ¡ Viajeros al tren...! "

Mañá na biblioteca

Neste segundo venres do mes de novembro nas actividades de animación á lectura   Merendas con contos que adicamos as tradicións do noso concello, imos a coñecer a  elaboración dun producto  :               A ROSCA de Sober    Dende hai xa moitos anos,  tanto nas panaderías como nos fornos particulares, a rosca se realiza de forma totalmente artesanal. Contamos coa colaboración de MONCHO ÁLVAREZ , artesán de Millán , que falará cós nen@s dos segredos que coñece para elaborar este producto. Haberá un obradoiro no que poderemos amasar e degustar  as nosas propias roscas. Iniciaremos esta tarde de merendas coa lectura do conto : O gato lambón , conto popular adaptado por   Patacrúa  . Vémonos ás 17:30h. na biblioteca municipal

Mañá na biblioteca

Durante o mes de novembro nas merendas con contos dos venres  ímos  coñecer tradicións do noso entorno.  Comezamos có magosto Merendaremos castañas e xogamos có libro :  O magosto , do colectivo "Ollo de sapo", ed. Ir Indo. Ás 17:30 na biblioteca. 

Roteiro MANUEL MARÍA