Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2015

Escola de teatro

O  Concello de SOBER pon en marcha  unha ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO As clases serán gratuítas e correrán a cargo da dramaturga e directora de escena EVA F. FERREIRA   ESCOLA DE TEATRO EN SOBER

Efemérides

 Un  29 de setembro naceron  :  1547   Miguel de Cervantes Saavedra .  A data   non está contrastada con seguridade.   Considerado a máxima figura da literatura castelá. Universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de " El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha". 1864 Miguel de Unamuno , filósofo e literato español, da xeración do 98, autor de obras como   “Niebla” o “La tía Tula”. 1916   Antonio Buero Vallejo , dramaturgo español. A súa primeira obra estreada, “Historia de una escalera” ,  premio Lope de Vega 1949,  obra relevante do teatro da   posguerra. Outras obras de gran calidade : “En la ardiente oscuridad” , “El concierto de San Ovidio” , “El sueño de la razón ”o “Fundación” .   Perseguido, encarcelado, censurado e prohibido durante a dictadura franquista, foi  "Premio Nacional de las Letras Españolas 1996" e "Premio Cervantes en 1986". "Cuanto menos se lee, más daño hace  lo que se lee&q

CL-Los cuerpos extraños, de Lorenzo Silva

O mércores 23 de setembro o CL Pintor de Castinande inicia tempada e para   comenzar temos por diante a lectura da novela de Lorenzo Silva  : Los cuerpos extraños Un novo caso para a brigada Bevilacqua e o seu equipo, que han de trasladarse á costa levantina para resolver un caso “delicado”, cunha infinidade de presións políticas coas que o máis sinxelo pode ser meter a pata. «-Tenemos una emergencia, ya te lo imaginas. Alguien se ha cobrado una buena pieza y va a haber follón. Ha aparecido muerta una alcaldesa. -Tenía que acabar pasando -opiné, arrepintiéndome casi en el acto de mi irreverente espontaneidad. -Confío en que seas capaz de disimular tu satisfacción -me afeó-, porque te va a tocar hacer como que te interesa que se castigue al culpable .»   (Páx. 14) Roberto Enríquez e Ingrid Rubio, Bevilacqua e Chamorro na  pantalla grande. Títulos da serie creada por Lorenzo Silva e protagonizada por dous gardas civís que  convert

Consultas por internet

Preguntas por internet  : O servicio   "Pregunte, as bibliotecas responden"   ten como obxectivo o de crear un servicio de información público na rede internet, a través do correo electrónico e web, xestionado de forma cooperativa entre bibliotecas das diferentes comunidades autónomas, e coordinado pola Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais, de Arquivos e Bibliotecas, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria. Este proxecto quere impulsa-lo papel activo das bibliotecas públicas na sociedade da información, como centros de información accesibles para todos, baseados en coleccións de referencia, tanto as tradicionais como formatos multimedia e recursos na rede.

Efemerides

                     Hai 125 anos naceu        AGATHA CHRISTIE   Agatha Mary Clarissa Miller Christie , nada en  Torquay ,  Devon , o  15 de setembro  de  1890  e falecida en  Cholsey ,  Oxfordshire , o 12 de xaneiro  de  1976 , foi unha escritora  inglesa  de  novelas  de misterio. Tamén escribiu novelas románticas baixo o  pseudónimo de  Mary Westmacott . É coñecida como a  Raíña do Crime . Adaptación cinematográfica dunha das súas historias :  A EFEMÉRIDES NA PRENSA

Club de lectura : nova tempada.

Se vos gusta LER e queredes compartir impresións con outras persoas afeccionadas á lectura , podedes formar parte do cl da biblioteca nesta tempada 2015/2016. Comezamos o día 23 de setembro . CL PINTOR DE CASTINANDE Os  MÉRCORES ás  19:00h.

Certame de fotografía e mostra bibliográfica na época de vendima

O Concello de Sober ten convocados dous certames de fotografía para promoción da vendima e do propio Concello.   As bases da convocatoria se poden atopar no seguinte enlace : Certames fotografía Durante o mes de setembro e coincidindo coa convocatoria destes certames , temos na biblioteca  unha mostra bibliográfica sobre fotografía có obxectivo de difundir a bibliografía existente sobre este tema na biblioteca de Sober e , como non, poñela a disposición dos nosos usuarios. Incluimos obras de carácter xeral máis tamén atopamos libros de fotografía artística.  MOSTRA BIBLIOGRÁFICA DE FOTOGRAFÍA