Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2015

Caderno de abril

III mercadiño de libros Obradoiro   : OS LIBROS INDISPENSABLES , títulos e autores  aparecen nos lomos decorados polos nenos e nenas das Merendas con contos UN LIBRO , UN AGASALLLO.   No Día do libro, cada persoa pode escoller o seu , como agasallo da biblioteca do Concello de Sober. CONTACONTOS en colaboración có CEIP Virxe do Carme de Sober Liberamos , unha vez máis, libros no parque infantil . Xa están viaxando. O  mércores 22 de abril, para commemorar o Día do Libro , o Club de lectura Pintor de Castinande compartiu lecturas con alumnos de 1º de BAC do IES A Pinguela de Monforte, acompañados pola profesora de Lingua e literatura galega Mª José Vidal . Unha hora de lectura en voz alta , escoitando fragmentos de novelas e tamén poemas de diversos autores das nosas letras. Alí estiveron : Carlos Reigosa , Domingo Villar , Manuel Iglesias e Loreto Sesma . Entre nós estiveron as súas historias nas voces destes rapaces. Compartindo e d

29 de abril : Día Internacional da Inmunoloxía

  O  Grupo de Investigación de Inmunoloxía da Universidade de Vigo , dirixido pola  Dra. África González ,   propón ás bibliotecas públicas a difusión da publicación : Los misterios del sistema inmunitario. Cómo protege nuestro cuerpo ,   que   nace en 2008 cunha linguaxe divulgativa da man da Sociedade Xaponesa de Inmunoloxía co obxectivo de axudar ós rapaces novos de 10 a 14 años a entender mellor o funcionamento do sistema inmunitario. Na biblioteca de Sober podemos atopar  un exemplar desta publicación, doado pola Sociedade española de Inmunoloxía e que xa forma parte do catálogo da biblioteca .

La extraordinaria vida de William Petty, de Alexandra Lapierre

No club de lectura Pintor de Castinande chegamos á lectura de abril cun interesante libro que nos permite coñecer  a época e a vida  dun personaxe :    La extarordinaria vida de William Petty , "aventureiro, erudito e seductor " Nace na Inglaterra rural en 1623. De orixe humilde, a súa actividade fai que poidamos consideralo un gran arqueólogo e un aventureiro que persigue os tesouros da Grecia clásica e que se poden admirar actualmente nos museos máis importantes do mundo. Foi ademáis un home intelixente , de boa presencia e que se desenvolvía con facilidade en ambientes refinados. “Un libro lleno de aventuras y peripecias pero fundamentado con gran rigor en documentos históricos. Una obra extraordinaria.” (Le monde) Novela sobre la vida del hombre que podemos considerar como el primer “arqueólogo” del mundo moderno (Planeta) A autora ,   Alexandra Lapierre  é filla do coñecido escritor e periodista,  Dominique Lapierre . Estudia Literatura na universida

Abril , mes dos libros

Propostas da biblioteca de Sober  para a semana do 23 de abril  : Mércores 22   : ü LECTURA COMPARTIDA  entre os membros do Club de lectura  Pintor de Castinande e alumnos/as de 1º de BAC do IES A Pinguela. Ás 19h. na biblioteca de Sober   Xoves 23 : DÍA DOLIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR ü CONTACONTOS : CARMIÑA MIUDIÑA , A PINGA AVENTUREIRA,  de BocAberta. Ás 12:00 na biblioteca do CEIP Virxe do Carme   ü Un libro , un agasallo : ESCOLLE UN LIBRO E DISFRUTA DA SÚA LECTURA. Durante todo o día no Centro Sociocultural.   Bookcrossing Liberamos libros no parque  infantil Venres 24 : ü III MERCADILLO DE LIBROS : TODO A UN EURO MONTAXE DA  EXPOSICIÓN OS LIBROS INDISPENSABLES Nenos e  nenas das Merendas con Contos . A partir das 17:30h. no Centro Sociocultural.                  ACHÉGATE  ,    PARTICIPA,  e  DISFRUTA              COA LECTURA DUN BO LIBRO.

ABRIL MES DOS LIBROS

COMEZAMOS  AS ACTIVIDADES DE MERENDAS CON CONTOS DO MES DE ABRIL :    MES DOS LIBROS  cun obradoiro adicado a realización dun suxeita -libros. Tamén escoitamos o conto : A VENDEDORA DE MISTOS , adaptación de Mª Dolores Hermida a partir do texto orixinal de  Andersen , na colección Os contos do Trasno Comodín, de Ed. Kalandraka : " Érase unha vez unha rapaza de pelo louro e ollos verdes, que vendía caixas de mistos pola rúa..."

Día internacional do LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Dende 1967 , o 2 de abril , coincidindo coa data do nacemento do escritor danés    HANS CHRISTIAN     ANDERSEN ,  o Ibby promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL   có fin de promocionar os libros e a lectura entre os máis novos.  Cada ano un autor ou autora elabora un texto e un cartel commemorando este día.  No ano 2015 temos as palabras de MARWA AL AQROUBI :  MOITAS CULTURAS, UNHA HISTORIA "Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias" Historias internacionais… historias tradicionais É a mesma historia que se nos conta a todos En diferentes voces En diferentes cores Pero permanece inmutábel… Comezo… Argumento… E fin… É a mesma historia que todos sabemos e amamos Todos a escoitamos En diferentes versións de diferentes voces Mais sempre é a mesma Hai un heroe… unha princesa… e un vilán Non importa a súa lingua, nin os seus nomes, Nin as súas caras É sempre o mesmo comezo, Ar