Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2014

Horario de verán

 Aviso : HORARIO DE VERÁN Durante o mes de xullo o horario da biblioteca será :   Luns a venres de 9:00 a 14 :00h.

Recomendacións lectoras

Aquí tedes algunha recomendación para este verán. As lecturas  que recomendamos neste díptico foron escollidas  polo colectivo Lemos Le , do que forma parte a biblioteca de Sober.  Outras propostas están en :http://redelectura.blogspot.com.es/

Contos de amor, erotismo e morte con CHARO PITA

O mércores 18 de xuño  o Club de lectura Pintor de Castinande  da BPM de Sober asistiu a unha sesión da contadora  Charo Pita, grazas ó programa Ler  conta moito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria   en colaboración có Concello de Sober. Os integrantes do Club de lectura  escoitamos  historias de amor ,   erotismo  e   morte  basadas en contos de aquí e  de outros lugares que nos  fixeron reflexionar, compartir  e tamén ,como non, pasar unha boa tarde.                              Na biblioteca temos estas publicacións de Charo Pita : contos infantís e tamén unha recopilación de contos para adultos.

Cociñando contos : premios fase provincial

Premiados na fase provincial do certame : Lucía López Mosquera. 11 anos. Biblioteca de Sober Sabela Jorge Vidal. 16 anos. Biblioteca de Sober