Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2014
Seleccionar un buen libro, a veces es difícil. No se deje engañar.

Efemérides : Miguel Hernández

Tal día como hoy     fallecía  MIGUEL HERNÁNDEZ ,  poeta y dramaturgo de especial relevancia en la  literatura española del siglo XX .

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

                                                                               HOXE DÍA 27 DE MARZO TAMÉN CELEBRAMOS  NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE SOBER O DÍA MUNDIAL DO TEATRO . Visita o noso centro de interese.

Encontro có autor : Ramón Sandoval

PRESENTACION DE "TERRITORIOS ESTRAÑOS" O mércores 26 de marzo as 19:00 h estaremos na Biblioteca de Sober falando de "Territorios estraños". Fará a presentación Paula V. Verao e para rematar "Os Parentes" deleitarannos con algunhas cantigas. Mellor compañía imposible.
Helena Villar Janeiro a Avilés de Taramancos PREGUNTANDO QUÉN ERAS Chegaban os paxaros no mastro dun veleiro e apousaban balbordos no tellado baixo do que amasabas fariña de palabra. E por riba das ondas bradou a voz temible preguntando quén eras ata que veu Neptuno a mesturar os sons de todas as palabras para formar o nome de quen redou estrelas no revés dos océanos, de quen levou arados de papel polo lombo das noites reciclando palabras miserables nos sucos do silencio.
22 DE MARZO DE 1992 Morre ANTON AVILÉS DE TARAMANCOS Xosé Antón Avilés Vinagre naceu o 6 de abril de 1935 en Taramancos, lugar da parroquia de Boa, no concello noiés. No ano 1951 aparece a primeira composición poética de Avilés, "Saloucos d´un emigrante", publicada na revista Tapal, que dirixía Manuel Fabeiro Gómez, xunto con Andrés Rodríguez Millares, Eduardo Ces Iglesias e Ramón Patiño Roquete. A súa colaboración coa revista continuará ata 1955, e consiste na publicación dun poema todos os anos. En 1952 publica no suplemento de Sonata Gallega, Rianxo, "Ofrenda a Manuel Antonio. Poema da nai soa". Neste mesmo ano acada a mención honorífica no Certame literario do Circo de Recreación de Noia, polos poemas "Antón de Noia" e "Cadarso". Na cerimonia de entrega de premios, que tivo lugar o 14 de marzo no Teatro Galicia, coñeceu a Otero Pedrayo, que actuaba como mantedor, e tamén a Ramón Piñeiro, dous persoeiros cos que mantería unha g

DÍA DA POESÍA : FACEMOS UN GRAFFITI

DESEÑOS PREPARADOS PARA FACER O GRAFFITI CÓ QUE CELEBRAMOS O  DÍA DA POESÍA O poema, ONDA DE CALOR ,  do poemario Territorios extraños de Ramón Sandoval , pódese ler na entrada do Centro sociocultural.

Día da poesía

DIA DA POESÍA ¿ Que son os poetas     (Carmen Gutiérez (inevitablemente poeta) Os poetas somos predicadores, pregoeiros, profetas que ignoran todo porque todo o recrean ó seu paso e á súa pegada. Cantamos discursos  das cousas mudas, das pedras ocas coma campás, dos metais ternos coma escumas tersas e oceánicas. Os poetas depositamos nos vosas mans as sementes duras do sangue cotián, desfacemos o barro para diluvialo no voso peito colectivo. Somos carpinteiros, labregos, mariñeiros, ferreiros, nais e pais do vendaval que todo o arrasa para cubrilo de misterios. Os poetas recollemos a vosa voz dende a nosa atalaia, aquela que se confunde cos vosos corpos, percorrendo cada membro. Levantamos, e falo dos poetas, ós vosos irmáns, o mencer dos petos raxados ,os  porqués que nos enche a luzada única e irrepetible do instante, Sementamos sombras polos currunchos para recoñecernos polas rúas dos seres que non se nomean. Os poetas recuperamos o ouvear dos

Encontro con R. SANDOVAL

ENCONTRO CÓ AUTOR Presentación e lectura   POEMAS MUSICADOS POR   OS PARENTES      Mércores 26 de marzo  ás 19:00h.   Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca Pública do Concello de Sober       

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O colectivo Lemos Le   do que forma parte a nosa biblioteca, coincidindo co Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo e coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos; levará a cabo as seguintes actividades: - O obradoiro "Mulleres de Lemos. Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo"  en colaboración co CIM de Monforte de Lemos  para os centros de primaria da comarca . - A convocatoria da I Edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos   Consulta de Bases

Leer alimenta los sueños .

Encontro có autor : Antón Valcárce

Momentos da presentación do libro"O que  non che contaron de Monforte" de Antón valcarce na Biblioteca pública de Sober. Mércores 5 de Marzo

Como nacen as cancións, de ANTÓN VALCARCE

O mércores día 5 escoitamos   ESTRAPERLO A VAPOR , un dos relatos de Antón Valcarce   que están incluidos no seu primeiro libro “ O que non che contaron de Monforte “  Unha vez rematada a lectura e o diálogo có autor, tivemos ocasión de escoitar dous temas seus ;  a primeira canción composta por Antón   foi  gañadora do Festival do Grove do ano 1975. Disfrutade coa voz e guitarra deste home considerado pola crítica  como un dos mellores cantautores galegos.
         HOXE, MÉRCORES DE CINZA :  Mércores de cinsa ou cinza é o primeiro día da Coresma no calendario católico, protestante e anglicano. Sucede 46 días antes da Pascua cristiá, aínda que se considera que a coresma ten 40 días de duración.   Remata o   ENTROIDO  e  a  BIBLIOTECA QUEDA  DECORADA CÓS TRABALLOS FEITOS NOS  OBRADOIROS das  Merendas con contos  do mes de febreiro :                    as   máscaras   e as   cabezas   dos compadres e as comadres  xa forman parte da colección da biblioteca.
Cada libro é unha historia.

O libro, un máxico camiño.

A lectura dun libro é un camiño que empeza cando lemos a primeira páxina. Vainos levando por vieiros inéditos ,ás veces tristes, ás veces cheos de sol , neboentos, enguedellados en sorrisos, preñados de bágoase, pero sempre, ó remate, teremos formado parte dunha historia que o autor puxo ó noso dispor.