Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2014

Begoña Caamaño : In memoriam

BEGOÑA CAAMAÑO http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/morre-begona-caamano-voz-lila-da-literatura-galega/20141027154038031781.html A escritora e xornalista Begoña Caamaño morreu hoxe en Compostela. Autora de dúas novelas, Circe o pracer do azul e Morgana en Esmelle é un dos principais nomes da literatura dos nosos días. Todo un pracer ler os seus textos :  " .. .O meu nome é Morgana. Morgana de Cornualles. Morgana de Tintaxel. Morgana de Ávalon. Morgana de Camelot. Morgana, a filla de Garlois. A irmá do rei. A sabia. A druída.  A meiga.  A fada. A bruxa.  A puta."

Premios I Certame Mulleres de Lemos

ENTREGA DOS PREMIOS I CERTAME MULLERES DE LEMOS :  INÉS DE CASTRO Exposición dos traballos premiados na modalidade de cómic Os premiados na modalidade de cómic posan cós seus traballos :   Víctor Domínguez Fernández ,1º premio Cristina Fernández Silvosa e María Armesto Luaces ,accésit.           Na modalidade de creación literaria :  1º premio para Xosé Martínez Rodríguez , polo seu traballo : Pequena historia dunha raíña de Lemos " Lectura da acta do xurado por parte da xornalista Manola Porto Os premiados cós agasallos acompañados polos alcaldes de Sober, Monforte e Pobra de Brollón, encargados de entregar os premios. O colectivo Lemosle fixo entrega dos galardóns na cea convocada no Día da Biblioteca, na que tamén se fixo público a temática do segundo certame , que se lle adicará á figura de MARÍA CASTAÑA.

20 Aniversario

O venres 24 de Outubro , Día da Biblioteca , comezamos as actividades relacionadas có 20 aniversario da Biblioteca de Sober . Comezamos o día da biblioteca coa montaxe e apertura dunha exposición de retratos de lectores e lecturas.  A partir das 17:30h colocamos as fotos que os usuarios que quixeron participar nesta celebración nos enviaron. Aquí están representados lectores e lectoras que dende o ano 1994 e hasta este 2014 participaron na creación e desarrollo de todas as actividades que dende a Biblioteca do Concello de Sober se desenvolveron. A exposición denominada CADAQUÉN UN LIBRO  poderase visitar dende o día 24 de outubro ata o 7 de novembro, na sala de exposicións do Centro Sociocultural de Sober.

Día da Biblioteca

CEA DE CELEBRACIÓN DÍA DA BIBLIOTECA Data : 24 de outubro, venres Hora : 22:00h. Lugar : Centro do Viño de Monforte de Lemos Prezo : 20 euros Menú Táboa de Ibéricos Mexillóns Vinagreta Empanada de Iscos e de Bacallau Arroz de Mariscos Terrina de Xeado Tarta Inés de Castro Viño da Casa Café de Pucheiro Recollida de entradas no Centro do Viño ata o 22 de outubro. Organiza : LEMOS LE Colectivo de Bibliotecarias/os da Comarca de Lemos, Asociación de Librerías, un espazo aberto á participación de todas as persoas vinculadas dalgún xeito ó mundo dos libros. lemosle24@gmail.com Aproveitaremos para entregar os premios  : I Certame Mulleres de Lemos , adicado nesta edición á figura de Inés de Castro .  Ademáis faremos o acto de presentación  da segunda edición.

Libro electrónico nas Bibliotecas Públicas de Galicia

   Ponse en marcha unha   plataforma de préstamo de libros electrónicos para as bibliotecas públicas galegas :                                                                                         galiciale.es                                                                                                                   Precisase : ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia. ter un dispositivo compatible ( tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móvil...) e unha conta de correo electrónico. obter as claves de acceso a GALICIALE  a través do rexistro nesta plataforma. Poderás ler de dúas maneiras :  lectura en liña, conectándote a internet. lectura mediante descarga, baixando o libro aos dispositivos que desexes. ACHÉGATE ATA BIBLIOTECA DE SOBER : e descubrirás todas as posibilidades de lectura, en múltiples formatos poderás atopar unha gran diversidade de temas : viaxes , histo

Outono : mostra bibliográfica

Selección de lecturas adicadas a nova estación que estamos a pasar : o outono.

Obradoiro de ilustración : Noemí López

Na tarde do venres 3 de outubro retomamos as actvidades  de Merendas con contos . Neste día acompañounos NOEMÍ LÓPEZ , ilustradora "fantástica" que nos ensinou técnicas de debuxo e ademáis deixou moitos agasallos para a biblioteca como podedes comprobar nas fotos que vos amosamos neste blog. Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO , para a dinamización da lectura e que o C oncello de Sober realiza en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.