Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

CONTACONTOS XAPONÉS E ORIGAMI

O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA DE SOBER PARTICIPOU NESTA  TARDE DA   CULTURA XAPONESA  : ENTROU NA BIBLIOTECA CUN CONTACONTOS BILINGÜE ,  CUNHA MOSTRA DO TRAXE TRADICIONA L (KIMONO) E A ELABORACIÓN DE DIFERENTES OBXECTOS CA TÉCNICA DE ORIGAMI . TODO ESTO GRAZAS A BIBLIOTECA DO SAVIÑAO QUE CONTOU CON NÓS    NA  SÚA PROGRAMACIÓN  DA SEMANA CULTURAL DO XAPÓN. GRAZAS A MÓNICA, bibliotecaria, e a LOLI, voluntaria coñecedora desta cultura oriental.

Acercándonos ó Xapón

A BIBLIOTECA DE O SAVIÑAO PROGRAMA UNHAS XORNADAS CULTURAIS CON XAPÓN , E DENTRO DA SÚA PROGRAMACIÓN INCLÚE  A BIBLIOTECA DE SOBER, Aquí tedes o estupendo programa  da BIBLIOTECA DE O SAVIÑAO. Teremos contacontos bilingüe  e faremos origami. MÉRCORES 28 DE MAIO  ás 19:00h. na Biblioteca de Sober

Premiados Certame Letras Galegas : COCIÑANDO CONTOS

TRABALLOS PREMIADOS NA FASE LOCAL DO CERTAME de Narración e debuxo infantil     LETRAS GALEGAS 2014 DEBUXOS cat. A ata 8 anos : 1º premio  LAURA RODRÍGUEZ FREIRE, 7 anos                                2º premio  MARA LÓPEZ RIVERA, 7 anos                                3º premio  HENRY VILA RODRIGUEZ, 8 anos                               Accésit : UXÍA TRAIL BATES, 7 anos cat. B, de 9 a 11 anos : 1º premio  ALBA VARELA LOSADA, 11 anos                                        2º premio LUCÍA LÓPEZ MOSQUERA, 11 anos                                        3º premio LAURA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, 9 anos                                                                          Accésit : ALEJANDRO GONZÁLEZ GARCÍA, 10 anos                                                    AROA FERNÁNDEZ SAÁ, 9 anos                                                    TRINIDAD CRESPO JIMÉNEZ, 11 anos cat. C, de 12 a 16 anos : 1º premio  IRIA LÓPEZ OTERO, 12 anos                  

Non máis guerras : contacontos

HOXE VENRES 23 DE MAIO ÁS 17:30 , nas Merendas con contos , temos a primeira das actividades programadas no programa LER CONTA MOITO  , cofinanciado pola Consellería de  Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  e o Concello de Sober. Contacontos teatral a cargo do grupo Trinketrinke.

La piedra lunar, de Wilkie Collins

LA PIEDRA LUNAR, de Wilkie Collins Probablemente fose o mellor expoñente da literatura policial /suspenso/de misterio que visen as letras. Morto en 1889 no medio dun escándalo pola lectura do seu testamento, no que deixaba todo as súas mulleres, Collins foi o escritor que mellor construiu historias con tramas longas, ben detalladas e que non deixan nada o azar. No caso de La piedra lunar, que o Club de lectura da Biblioteca remate de ler, o enigma consiste nunha pedra  preciosa procedente   da India, regalada a unha doncela que aínda non cumpriu a súa maioría de idade, e que atesourada nun moble do seu cuarto, ao que supostamente ninguén tiña acceso, desaparece da noite á mañá. Os fíos narrativos mostran lentamente, con moita sutileza por parte de Collins , as causas do roubo.  Novela publicada en 1868, é considerada por algún crítico como a súa obra maestra, e como a máis perfecta novela policíaca do século XIX. Na literatura de misterio de Collins aparecen críticas

A BIBLIOTECA no Mercado de letras e flores

A Biblioteca de Sober celebrou o Día das Letras Galegas no espazo do Mercado de Letras e Flores na localidade de Monforte de Lemos.  O colectivo Lemos le , do que a nosa biblioteca forma parte, presentou unhas actividades o sábado 17 de maio : Alí estiveron Os Parentes e Antón Valcarce , combinando música e lendas. A tarde estivo adicada aos máis cativos : MICRÓFONO ABERTO : contacontos realizado por un grupo de nenos do Colexio A Gándara que xunto cá mestra , Mercedes Cabo de Vila ,representaron a Casiña de Chocolate , coa técnica do kamishibai .

NIMBOS, de XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

17 DE MAIO                  DÍA  DAS LETRAS  GALEGAS : JOSÉ MARÍA  DÍAZ CASTRO www.poetadiazcastro.com En 1961  a  Editorial Galaxia   publica  NIMBOS,   gracias á  insistencia de Fco Fernández del Riego y de Ramón Piñeiro , responsables desta editorial. Díaz Castro accede a editar este poemario composto de 32 poemas que ofrecen un amplo abano temático. Entre os temas principais destacan: a terra (Galicia), a preocupación existencial e relixiosa , a nostalxia da infancia , o mundo labrego , a poesía ,  etc. Penélope Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mól coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda a

MAIO : MES DAS LETRAS GALEGAS

O MÉRCORES 14 DE MAIO ÁS 18.00 H .  NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL : CONCERTO DE SOLISTAS  dos alumnos da Escola Municipal de música de Sober. E ademáis :                LECTURA DE POEMAS DE   XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO     AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2014   EXPOSICIÓN DE CARTEIS SOBRE A FIGURA E OBRA          DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO