Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

Encontro con ANTÓN VALCARCE

ENCONTRO CÓ AUTOR Presentación e lectura   E pequeno recital de Canción galega : ” Onde nacen as cancións ” Mércores 5 de marzo ás 19:00h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca Pública do Concello de Sober

Libro mes de Febreiro :LA LADRONA DE LIBROS" de Markus Zusak

 A primeira peculiaridade desta novela é a súa narradora: A morte. Que vai describindo a vida da protagonista Liesel Meminger, adoptada por unha familia Alemana na época de Hitler. As vidas dos protagonistas enguedéllanse  con vivencias propias desta época histórica. Coñecemos a través deste libro algunhas referencias ó holocausto e as pegadas que deixou nas persoas que o sufriron.                     Para máis información sobre a obra:     Reseña  La ladrona de libros  Markus Zusak     

DÍA DE ROSALÍA

OBRADOIRO HOMENAXE  DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO Conmemoramos con este cartel o nacemento  da nosa autora ( 24 de febreiro de 1837-1885 ) :  lemos e copiamos os poemas de Follas Novas : Maio longo..., maio longo  ; Este vaise i  aquel vaise ;  ¡Pra á Habana ¡ e Unha vez tiven un cravo Os seus poemas, cheos de ritmo e musicalidade, falan da paisaxe de Galicia, dos costumes da aldea e dos problemas da xente. A poeta expresa con estes versos os seus sentementos máis íntimos.

Presentación poemario de Mar Sabater

Entre as novidades  e recomendacións para este mes de febreiro está  un   poemario de   MAR SABATER ,  de Ediciones La Rectoral ENCONTRO COA AUTORA E LECTURA DE  POESIAS  DO  LIBRO : C U A S I A M O R O S A S …   M I T O S ______________________ Y _______________________ O T R O S   P O E M A S DA  NOVA EDITORIAL DA RIBEIRA SACRA Ediciones La Rectoral __ V E R   S A C R U M ___ Año de dos mil trece Mércores  19 DE FEBREIRO NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SOBER ORGANIZA : Clube de Lectura Pintor de Castinande

CÓDIGO ÉTICO PARA BIBLIOTECARIOS

Código ético para bibliotecarios e profesionais da información Publicado o   03/02/2014   por   Anabad Galicia A Asamblea de Fesabid, celebrada en Toledo o 23 de maio de 2013, aprobou establecer como  Código ético nacional  o texto elaborado polo Grupo de traballo de Deontoloxía profesional de SEDIC, formado por profesionais pertencentes a distintas asociacións membros de Fesabid e redactado cun amplo consenso profesional-territorial. Este Código foi remitido á IFLA e encóntrase no seu web, dentro dos Códigos de Ética Nacionais para Bibliotecarios, como  Código ético de España . Este código foi traducido por Anabad Galicia ao galego e está disponíbel desde a web  :  http://anabadgalicia.wordpress.com/

DÍA DA PAZ