Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2014

BO NADAL

Vinte anos de lecturas

REMATAMOS A CELEBRACIÓN DO ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA CÓS NOSOS  USUARIOS HABITUAIS :  OS NEN@S DAS MERENDAS CON CONTOS    OS INTEGRANTES DO CLUB DE LECTURA  PINTOR DE CASTINANDE.

NADAL 2014

INÉS DE CASTRO : conto ilustrado

No día de onte fíxose a  presentación e a entrega de exemplares do conto : INÉS DE CASTRO , UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO , O traballo foi posible grazas a colaboración de moitas institucións e persoas:  Colectivo Lemos Le, integrado polas bibliotecas escolares, municipais e asociación de libreiros da comarca de Terra de Lemos.  CIM,  CEIPs ,  CPR e  CEE de Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Currelos, Bóveda, Saviñao e Sober. Grazas a creatividade dos nenos e as nenas foi posible ilustrar a historia desta muller monfortina elexida este ano 2014 para destacar a figura dunha muller das Terras de Lemos como protagonista no día 8 de marzo,  día da Muller. UN CONTO PRECIOSO QUE PODEMOS ATOPAR NESTE ENLACE : Inés de Castro: Unha muller para o 8 de marzo E TAMÉN ESTÁ NA BIBLIOTECA A DISPOSICIÓN DOS USUARIOS. 

El país de las sombras largas, de Hans Ruesch

O club de lectura no mes de novembro : "Cuando al despertarse Ernenek levantaba la cabeza del saco de pieles, su primer pensamiento era habitualmente para el montón de carne puesta a pudrir cerca de la lámpara para que se hiciera tierna y gustosa." Así comeza o primeiro capítulo desta novela publicada en 1950 e na que se relata a vida diaria dos inuits, habitantes das rexións máis septentrionais do planeta e as  relacións que establecen cós homes do sur. O autor,   Hans Ruesch  ( Nápoles ,  17 de mayo  de  1913  –  Massagno , 27de agosto   2007 ) http://es.wikipedia.org/wiki/Hans_Ruesch Para coñecer algo máis sobre os inuits entrar nesta ligazón, é dun congreso de antropoloxía organizado  pola Universidade de León no ano 2011 : https://es.scribd.com/doc/250862909/El-deshielo-humano-Los-inuit-cazar-para-comer-o-vivir-para-cazar

Efemérides : Hildegart Rodríguez Carballeira

Biografía que atopamos na biblioteca de Sober. CENTENARIO do nacemento de  Hildegart Rodríguez Carballeira .  Nace en Madrid un 9  de decembro de 1914 e morre un 9 de xuño de 1933, morta aos 18 anos, asasinada pola súa nai. As circunstancias da morte e a relación coa nai escureceron outros aspectos da vida de esta muller considerada actualmente unha das voces femeninas destacadas de comenzos do século XX. Con apenas 18 anos publicou 20 libros : ensaios políticos, estudios no campo da educación sexual das mulleres ; H ildegart defendeu o divorcio, a anticoncepción e a liberación feminina de toda clase de tabús e prohibicións sexuais e consideraba que este conflito superaba en importancia a todas as revolucións que coñecera a humanidade . Entre  as publicacións destaca a monografía   La rebeldía sexual de la juventud , que vendeu 8.000 exemplares só en Madrid na semana da súa publicación.  Fonte :  http://praza.gal/cultura/8374/reconecer-a-hildegart-reconecer-a-hi

Efemérides : Louisa May Alcott

Un 29 de novembro de 1832 nace Louise May Alcott , escritora estadounidense , autora entre outras ,da novela MULLERIÑAS, considerada un clásico da narrativa e basada nas experiencias persoais desta autora e a súa vida familiar en Concord, Massachusett. " Las cuatro jóvenes se encontraban en la salita junto a la chimenea en la que chisporroteaba alegremente el fuego, que se reflejaba en sus caras juveniles. Jo estaba tendida sobre la alfombra con aire pensativo. - Navidad no será Navidad si no tenemos regalos --murmuró en voz baja. Meg miró una vez mas su viejo vestido y suspiró: -¡Es triste ser pobre!" A novela foi adaptada moitas veces ao cine, ó teatro, hai un musical e tamén unha serie de animación feita en Xapón.  Acceso ó catálogo da biblioteca :  http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=LBM045

Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

¿Por qué este Día internacional? Debido a que: La violencia contra la mujer es una violación de los derechos humanos La violencia contra la mujer es consecuencia de la discriminación que sufre, tanto en leyes como en la práctica, y la persistencia de desigualdades por razón de género La violencia contra la mujer afecta e impide el avance en muchas áreas, incluidas la erradicación de la pobreza, la lucha contra el VIH/SIDA y la paz y la seguridad La violencia contra las mujeres y las niñas se puede evitar. La prevención es posible y esencial La violencia contra la mujer sigue siendo una pandemia global. Hasta un 70% de las mujeres sufren violencia en su vida. ( texto recollido na web de Nacións Unidas, ONU ) http://www.un.org/es/events/endviolenceday/ A data do 25 de novembro foi escollida no Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, onde se decidiu que o 25 de novembro fose o día da non violencia contra as mulleres , recordando o asasinato

Efemérides : MARÍA CASARES

  Nun 21 de novembro nace na Coruña MARÍA CASARES PÉREZ              María   Vitoria Casares Pérez , nada na  Coruña  o  21 de novembro   1922  e finada en  Alloue ,  Charente ,  Poitou-Charentes ,  Francia , o  22 de novembro  de  1996 , foi unha actriz galega que triunfou en Francia, onde residía  como exiliada  por ser filla de  Casares Quiroga , que fora Ministro da  II República Española  durante o goberno de  Azaña . http://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Casares http://consellodacultura.gal/album/Theme/bio.php?id=14&album=am Na biblioteca temos unha biografía interesante :

AS MERENDAS VIOLETAS

O 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres . Neste mes de novembro , que ten cor violeta , ofrecemos unha selección de contos e relatos infantís e xuvenís que se poden atopar na biblioteca de Sober.  CONTOS QUE PLANTEXAN UNHA EDUCACIÓN NON SEXISTA E FORMAS MÁIS IGUALITARIAS PARA CONSTRUIR UN MUNDO  QUE POÑA BARREIRAS Á DISCRIMINACIÓN. Esperamos que disfrutedes desta pequena selección e que entre todos os homes e as mulleres constúamos un mundo  no que vivamos respetándonos e establecendo relacións máis igualitarias.                    

Sueños en el umbral, de Fátima Mernissi

No mes de outubro o Club de lectura Pintor de Castinande andivo "husmeando" nas historias que conta Fátima Mernissi relativas á vida da súa nenez nun harén doméstico de Fez, Marrocos. Fátima Mernissi (Premio Príncipe de Asturias das letras 2003), escritora e profesora marroquí, autora de importantes ensaios sobre a muller no mundo árabe, reconstrúe nesta novela autobiográfica, gran parte da súa infancia, que transcurre no harén do seu pai na cidade marroquí de Fez. O pai de Fátima era un terrateniente rico, casado cunha soa muller, aínda que defensor da tradición. A súa avoa e nai desexan para Fátima unha vida diferente e unha educación que lle permita sair do harén. A través dos ollos dunha nena coñecemos tradicións e costumes da cultura magrebí e a vida  das mulleres dentro das fronteras do harén cun  carácter totalmente protagonista destas avoas, nais e fillas loitadoras e emprendedoras e que demostran unha enorme forza interior.

Marcapáxinas e carnés polo aniversario.

Marcapáxinas e carnés novos para celebrar o aniversario da biblioteca Os lectores máis novos estrearon carnés da biblioteca. No mes de novembro traballaremos o tema da igualdade polo que este primeiro día escollimos o conto Azul e rosa , da colección Lila Lilaina e con este libro tivemos un obradoiro de debuxo:

Celebramos o samaín

C elebramos o samaín : tarde- noite de  medo . Decoración da biblioteca e posterior lectura de textos de medo e de risa. Os nenos e os seus acompañantes asistiron disfrazados e xuntos disfrutamos da lectura de este texto : Grazas a Aroa , Trini e Alba ,   que         interpretaron ós  persoaxes desta obriña de teatro infantil.                                       O obradoiro desta tarde adicámolo a "facer pantasmas" O remate tivemos un pequeno magosto

Begoña Caamaño : In memoriam

BEGOÑA CAAMAÑO http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/morre-begona-caamano-voz-lila-da-literatura-galega/20141027154038031781.html A escritora e xornalista Begoña Caamaño morreu hoxe en Compostela. Autora de dúas novelas, Circe o pracer do azul e Morgana en Esmelle é un dos principais nomes da literatura dos nosos días. Todo un pracer ler os seus textos :  " .. .O meu nome é Morgana. Morgana de Cornualles. Morgana de Tintaxel. Morgana de Ávalon. Morgana de Camelot. Morgana, a filla de Garlois. A irmá do rei. A sabia. A druída.  A meiga.  A fada. A bruxa.  A puta."

Premios I Certame Mulleres de Lemos

ENTREGA DOS PREMIOS I CERTAME MULLERES DE LEMOS :  INÉS DE CASTRO Exposición dos traballos premiados na modalidade de cómic Os premiados na modalidade de cómic posan cós seus traballos :   Víctor Domínguez Fernández ,1º premio Cristina Fernández Silvosa e María Armesto Luaces ,accésit.           Na modalidade de creación literaria :  1º premio para Xosé Martínez Rodríguez , polo seu traballo : Pequena historia dunha raíña de Lemos " Lectura da acta do xurado por parte da xornalista Manola Porto Os premiados cós agasallos acompañados polos alcaldes de Sober, Monforte e Pobra de Brollón, encargados de entregar os premios. O colectivo Lemosle fixo entrega dos galardóns na cea convocada no Día da Biblioteca, na que tamén se fixo público a temática do segundo certame , que se lle adicará á figura de MARÍA CASTAÑA.

20 Aniversario

O venres 24 de Outubro , Día da Biblioteca , comezamos as actividades relacionadas có 20 aniversario da Biblioteca de Sober . Comezamos o día da biblioteca coa montaxe e apertura dunha exposición de retratos de lectores e lecturas.  A partir das 17:30h colocamos as fotos que os usuarios que quixeron participar nesta celebración nos enviaron. Aquí están representados lectores e lectoras que dende o ano 1994 e hasta este 2014 participaron na creación e desarrollo de todas as actividades que dende a Biblioteca do Concello de Sober se desenvolveron. A exposición denominada CADAQUÉN UN LIBRO  poderase visitar dende o día 24 de outubro ata o 7 de novembro, na sala de exposicións do Centro Sociocultural de Sober.

Día da Biblioteca

CEA DE CELEBRACIÓN DÍA DA BIBLIOTECA Data : 24 de outubro, venres Hora : 22:00h. Lugar : Centro do Viño de Monforte de Lemos Prezo : 20 euros Menú Táboa de Ibéricos Mexillóns Vinagreta Empanada de Iscos e de Bacallau Arroz de Mariscos Terrina de Xeado Tarta Inés de Castro Viño da Casa Café de Pucheiro Recollida de entradas no Centro do Viño ata o 22 de outubro. Organiza : LEMOS LE Colectivo de Bibliotecarias/os da Comarca de Lemos, Asociación de Librerías, un espazo aberto á participación de todas as persoas vinculadas dalgún xeito ó mundo dos libros. lemosle24@gmail.com Aproveitaremos para entregar os premios  : I Certame Mulleres de Lemos , adicado nesta edición á figura de Inés de Castro .  Ademáis faremos o acto de presentación  da segunda edición.

Libro electrónico nas Bibliotecas Públicas de Galicia

   Ponse en marcha unha   plataforma de préstamo de libros electrónicos para as bibliotecas públicas galegas :                                                                                         galiciale.es                                                                                                                   Precisase : ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia. ter un dispositivo compatible ( tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móvil...) e unha conta de correo electrónico. obter as claves de acceso a GALICIALE  a través do rexistro nesta plataforma. Poderás ler de dúas maneiras :  lectura en liña, conectándote a internet. lectura mediante descarga, baixando o libro aos dispositivos que desexes. ACHÉGATE ATA BIBLIOTECA DE SOBER : e descubrirás todas as posibilidades de lectura, en múltiples formatos poderás atopar unha gran diversidade de temas : viaxes , histo

Outono : mostra bibliográfica

Selección de lecturas adicadas a nova estación que estamos a pasar : o outono.

Obradoiro de ilustración : Noemí López

Na tarde do venres 3 de outubro retomamos as actvidades  de Merendas con contos . Neste día acompañounos NOEMÍ LÓPEZ , ilustradora "fantástica" que nos ensinou técnicas de debuxo e ademáis deixou moitos agasallos para a biblioteca como podedes comprobar nas fotos que vos amosamos neste blog. Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO , para a dinamización da lectura e que o C oncello de Sober realiza en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Efemérides : GRAZIA DELEDDA

O 27 de setembro de 1871 nace GRAZIA DELEDDA , escritora italiana .  Nobel de literatura en 1926. gl.wikipedia.org/wiki/ Grazia _ Deledda Grazia Deledda Cañas al viento (fragmento) "  En su raciocinio el siervo ignoraba la tierra situada al otro lado de la granja, dado que había sido propiedad de Pintor. ¿Por qué sacar a la luz el pasado? Sería un lamento sin sentido. Mejor pensar acerca del futuro y albergar esperanza en cuanto a la ayuda divina. Y Dios había prometido un año afortunado, o al menos Él había cubierto todos los almendros y melocotoneros del valle con flores: y este valle, entre dos hileras de blancas colinas cubiertas con primaveral vegetación, agua, matorrales, flores, junto a las distantes montañas azules al oeste y el mar azul al este, daba la impresión de una cuna que se mece con verdes velos y azules cintas, con el río susurrando monótonamente como un niño durmiente. Pero los días eran ya demasiado ardientes y Efix también pensab

Diario de un fiscal rural

Hoxe, 17 de setembro iniciamos un novo curso do Club de Lectura Pintor de Castinande . Este vai a ser xa o séptimo aniversario deste club onde un grupo de persoas apostou por esta forma de comunicación,  compartindo lecturas e momentos intensos e gratificantes para a maior parte da xente que se acercou ata a biblioteca de Sober. Benvidos/@ a este curso 2014/2015 Comezamos  as lecturas coa novela : DIARIO DE UN FISCAL RURAL, do autor exipcio Tawfiq al-hakim . A vida dun fiscal exipcio no seu moderno destino rural, discorre coa monotonía burocrática dos pequenos delitos cotiáns -furtos, disputas veciñais, et...-. Unha noite, non obstante;  é espertado coa noticia dun asasinato. Tawfiq al-hakim (1898-1987) é un destacado escritor exipcio pioneiro na novela e no teatro neo-árabes e considerado como un dos grandes autores en árabe contemporáneos.