Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2013

PALABRAS PARA AMALITA

O club de lectura "Pintor de Castinande" está de loito.Unha das compoñentes deste pequeno pero entrañable grupo deixábanos para sempre o venres día 16 de agosto. Amalia xa non está fisicamente con nós, anque vai pasar moito tempo antes de que o seu recordo se borre da nosa memoria. O triste acontecemento deixábanos a todos desacougados, sen case podelo crer, a morte actúa de xeito arbitrario, alleo ó noso cativo entendemento e non lle importa idade ou querencias. O libro da súa vida chegou ó remate, pero ata que o seu recordo estea presente nalgún dos que a querían, que somos moitos, non se escribirá a palabra FIN.