Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2013

Club de lectura en abril : EAST OF EDEN

John Ernst Steinbeck , Jr. , nado en Salinas ( California ) o 27 de febreiro de 1902 e finado en Nova York o 20 de decembro de 1968 , foi un dos escritores americanos de maior sona no século XX . Gañador do Premio Pulitzer en 1940 e obsequiado co Premio Nobel de Literatura en 1962 , adquiriu popularidade como novelista con De ratos e homes ( 1937 ) e The Grapes of Wrath ( 1939 ), nas que examina as vidas da clase traballadora durante a Gran Depresión , e sobre todo pola súa novela East of Eden (1952), protagonizada por James Dean na versión cinematográfica de Elia Kazan . O autor - Biografía e obras - Fotos de John Steinbeck - Vídeo do autor: "Hubo una vez una guerra" - Páxina do National Center Steinbeck - Filmografía de John Steinbeck - Robert Saladrigas, John Steinbeck, reportero     Unha gran historia intensa e triste dunha  saga familiar cunha descripción precisa da paisaxe e das  personaxes. Gustounos moito.

DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

23 de abril O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro ) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril . A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura , a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor . Nesta data morre Cervantes , Shakespeare ,o Inca  Garcilaso de la Vega e outros ilustres escritores.   Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo". (Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2

ABRIL-MAIO-XUÑO

 PROGRAMACIÓN DA BPM DE SOBER  PARA  OS MESES DE  ABRIL, MAIO e XUÑO   19 DE ABRIL   Ábrese o pano :   Preparación do decorado da obra de teatro “A Pita Mazarica” BPM Sober. Merendas con Contos. Ás 17:30h   23 DE ABRIL   Celebración   Día do Libro :   realización e pase dun audiovisual adicado a Don Quijote de la Mancha , no que participan alumnos e mestres do CEIP Virxe do Carme, o Club de Lectura da Biblioteca e o persoal do Concello xunto co Alcalde de Sober CEIP Virxe do Carme ás 12:00h   Visita do Club de Lectura Pintor de Castinande á BPM de Escairón.   26 DE ABRIL   Libros na Feira : segunda xornada do mercado de libros. A partir das 16:00h na Praza do Concello.   3 DE MAIO   Certame de debuxo e narración. Letras Galegas 2013 : elaboración dos traballos para este certame convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo BPM Sober. Merendas con Contos. Ás 17:30h   10 DE MAIO   Celebración do Día das Letras gal

23 DE ABRIL : CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

  Para celebrar o Día do Libro , o día 23 de abril, a Biblioteca do Saviñao , en colaboración coa Biblioteca de Sober e o seu Club de Lectura " Pintor de Castinande " organizan unha excursión, para coñecer algún dos enclaves culturais e patrimoniais máis representativos do concello do Saviñao. Os desprazamentos faranse nos coches dos propios asistentes, polo que é importante anotarse para saber o número de participantes e de cantos coches se disporá, para poder organizar os desprazamentos. A celebración comezará na Biblioteca Municipal do Saviñao ás 17.00 h. Comezará cunha visita guiada e un acto conmemorativo, e se a meteoroloxía non o impide, desprazarémonos a dous enclaves próximos: Abuime e Seteventos. Para anotarsechamar a estes números ou contactar con estes correos: Biblioteca de Sober 982 460513, bibliotecasober@gmail.com Biblioteca do Saviñao 982 452324, bpmsavinao@gmail.com

LECTURAS RECOMENDADAS no abril dos libros

Espazo para visitar :     Fundalectura , organización privada colombiana que promove a lectura nos diferentes ámbitos da vida e que anualmente edita unha lista coa mellor oferta editorial presente no mercado nacional de Colombia, que abarca dende libros para bebés ata os libros para  mozos.

BOOKCROSSING NO PARQUE INFANTIL

EIQUÍ TEDES OS LIBROS QUE LIBERAMOS  NO PARQUE INFANTIL DE SOBER!!! Este é o lugar que hai que visitar :                           http://www.bookcrossing-spain.com/

2 de ABRIL : DÍA DO LIBRO INFANTIL NA BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPAL E NA BIBLIOTECA ESCOLAR

  A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SOBER E A      BIBLIOTECA DO CEIP VIRXE DO CARME DE SOBER CELEBRAMOS XUNTAS   O DÍA DO LIBRO INFANTIL 2013. O ALCALDE DE SOBER, LUIS FDEZ. GUITIÁN , LEU O POEMA FEITO PARA ESTE DÍA  POR PAT MORA . OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA INTERPRETARON O CONTO : O TRAXE NOVO DO EMPERADOR . NA PIZARRA DIXITAL OS NENOS DISFRUTARON DO CONTO DO EMPERADOR E O"SEU TRAXE" EN DEBUXOS ANIMADOS. A PARTIR DOS CONTOS DE ANDERSEN ,COLOREAMOS CREBACABEZAS QUE DECORAN XA A BIBLIOTECA DO CENTRO.