Comezamos o mes de outubro coa novela "CARTA DE UNA DESCONOCIDA" , de Stephan Zwieg. "Solo quiero hablar contigo, decírtelo todo por primera vez...Una vida que fue siempre la tuya desde la primera hasta la última hora". É a confesión dunha muller profundamente namorada dun escritor que a ignora.. A autora da carta namórase del cando só era moza ; pasaron os anos e o amor fíxose incondicional máis non foi correspondido. É un libro romántico, un monólogo que fala das desigualdades no amor. O tema central é un amor sen límites, case sen lóxica. Un amor solitario e secreto. ¿ Merece a pena dalo todo por alguén que non che corresponde?. ¿Pode o amor sobrevivir para sempre? Foi levada ao cine no ano 1948 por Max Ophüls e protagonizada por Joan Fontaine e Louis Jordan. O