Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2012

BENVIDO OUTONO

O venres 19, nas Merendas ,  lemos o conto " Iago e o outono "  de Liesbet Slegers.  Foi Aroa , quen nos relatou os cambios da  natureza nesta época do ano.       Xa vedes que todos estivemos moi pendentes da explicación :  Tamén fixemos un obradoiro de land-art :   Este foi o resultado

Club de lectura Pintor de Castinande

Comezamos o mes de outubro coa novela   "CARTA DE UNA DESCONOCIDA" , de Stephan Zwieg.                                                                                                                                                                             "Solo quiero hablar contigo, decírtelo todo por primera vez...Una vida que fue siempre la tuya desde la primera hasta la última hora".   É a confesión dunha muller profundamente namorada dun escritor que a ignora.. A autora da carta namórase del cando só era moza ; pasaron os anos e o amor fíxose incondicional máis non foi correspondido. É un libro romántico, un monólogo que fala das desigualdades no amor. O tema central é un amor sen límites, case sen lóxica. Un amor solitario e secreto. ¿ Merece  a pena dalo todo por alguén que non che corresponde?. ¿Pode o amor sobrevivir para sempre?  Foi levada ao cine no ano 1948 por Max Ophüls e protagonizada por Joan Fontaine e Louis Jordan.   O

Rita e Antón : ratos de Biblioteca

  Dende o venres pasado temos dous novos usuarios que compartirán cós nenos de Sober as actividades dos venres en Merendas con Contos. Chámanse Antón e Rita e estarán agochados nos andeis, entre os libros infantís. Este primeiro día fixemos un contacontos con NUBES , de Arnold Lobel,  editado por Kalandraka.  E tamén montamos un " caixón de xastre " decorado e personalizado para cada neno que asistiu a actividade. Nel gardaremos os traballos que se fagan nas Merendas.