miércoles, 21 de febrero de 2018

Momentos estelares de la humanidad, de STEFAN ZWEIG



O CL Pintor de Castinande elixe para o mes de marzo unha obra do escritor austríaco STEFAN ZWEIG, e que leva por título "Momentos estelares de la humanidad . Catorce miniaturas históricas "



Baixo este título, o autor realiza unha estupenda miniatura histórica e literaria. de 14 acontecementos que Zweig elixe como representativos na historia da humanidade :
Cicerón ; a conquista de Bizancio ; o descubrimento do Océano Pacífico ; Händel ; a composición da "Marsellesa " ; Waterloo ; Goethe ; Suter ; Dostoiesvski ; Cyrus W. Field ; Tolstói ; o capitán Scott ; a viaxe de Lenin a Rusia en 1917 ; e por último, para rematar cunha historia do presidente americano Wilson.



O AUTOR :

Nacido en Viena en 1881, Stefan Zweig foi poeta, tradutor, editor, pacifista, humanista e europeo. Emigrou a Suíza durante a primeira guerra mundial, de 1917 a 1918, e foi un dos autores máis traducidos antes da Segunda Guerra Mundial. En 1934 emigra a Londres, en 1941 exíliase a Brasil onde, a súa frustración ante o que consideraba o fracaso da cultura europea empuxárono á desesperación, suicidándose xunto coa súa segunda esposa Lotte(Charlotte Elisabeth Altman) en Petrópolis, o 23 de febreiro de 1942.

Zweig escribiu novelas, historias curtas, ensaios (políticos ou literarios), dramas e varias biografías, das cales a máis famosa é a de María Estuardo . Nalgún momento, os seus traballos foron publicados nos países anglosaxóns baixo o pseudónimo de “Stephen Branch” (tradución literal do seu apelido), en tempos onde o sentimento antixermánico estaba no seu apoxeo.

martes, 20 de febrero de 2018

Tempo de entroido

En febreiro chegou o Entroido e nas Merendas con contos lemos  : 

"A máscara do león",
 de Margarita del Mazo ;  ilustracións de Paloma Valdivia :

NO MÁIS PROFUNDO SA SABANA , Á SOMBRA DUNHA VELLA ACACIA, NACEU UN LEÓN ...




  • Pasamos tardes  con xogos ,  facendo accesorios para os disfraces e tamén tivemos un obradoiro chamado o Entroido dos animais.






  • Na aula de informática os nenos e as nenas iniciaron unha busca de linguas do mundo  a través de Internet e dos atlas da biblioteca municipal.



 Con todos os datos atopados durante tres tardes,  fixemos un mapa luminoso coas linguas do mundo e así celebramos o día 21 de febreiro :
 Día da lingua materna .



jueves, 1 de febrero de 2018

As horas roubadas , de María Solar


MARÍA SOLAR é a autora da novela que o CL da biblioteca de Sober
leu  durante o mes de xaneiro .

  • Escritora e xornalista, na actualidade presenta o informativo Revista de fin de semana, da TVG
  • Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio e divulgativas. 
  • O recoñecemnto da crítica e o público chégalle da man da litertura infantil e xuvenil : Teño uns pés perfectos, Os nenos da variola e agora con As horas roubadas, que acadou o 13º Premio Frei Martín Sarmiento ( Bacharelato e Adultos ) . 

Recensión da editorial Xerais :
A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. “As horas roubadas” é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.

Programación febreiro


Contacontos e obradoiro


Obradoiro de ilustración con Estefanía Padullés.

Basado no conto Max e Lea : Max é un Tyrannosaurus rex moi grande e moi forte, máis ten medo á escuridade.  Pedirá axuda a todos os dinosaurios que coñece , ningún poderá axudalo ata que aparece Lea , unha ratiña pequena pero moi intelixente, que mostrará aos dinosaurios o bonita que pode ser a noite.

Con este conto Fani Padullés vai debuxando os dinosaurios e explicando aos asistentes a maneira de facelos  dun  xeito   sinxelo.